Lugo, 6 de maio de 2021. O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, Javier Castiñeira, sospeita que o goberno da Deputación puido facer uso novamente “do seu favoritismo” para cubrir a praza de técnico superior e edificación de obras.
O popular fai esta valoración coa prudencia que esixe unha cuestión deste tipo, pero advertindo que a Xunta de Goberno aprobou en días pasados, concretamente o venres 23 de abril, comparecer no Xulgado nº 2 de Lugo a raíz do recurso presentado por unha das opositoras, ao estar desconforme co desenvolvemento do proceso selectivo. Por este motivo, e “co fin de despexar calquera tipo de dúbida e que se garanta a máxima transparencia na política de persoal da Deputación”, o Grupo Provincial rexistrarán a petición de acceso a toda a documentación relativa ao expediente administrativo.
A provisión deste posto de funcionario inclúese na oferta pública que a institución luguesa convocou en 2019, sendo publicada no Boletín da Provincia (BOP) o 8 de febreiro de dese mesmo ano. O proceso constou de varias partes: un exame tipo test, o desenvolvemento por escrito dun dos temas que foi elixido polo sistema de bola e un caso práctico, e a valoración de méritos. A demandante puntuou máis que a persoa adxudicataria da praza incluso no caso práctico, menos na última por dispor de máis méritos ao levar polo menos unha década traballando no organismo provincial e, por tanto, sendo durante anos persoal a salario desta casa dende que o PSOE forma parte do goberno da Deputación. Esta circunstancia que, en palabras de Castiñeira, “é o que nos fai saltar todas as alarmas, é a que nos leva a interesarnos polo desenvolvemento deste proceso selectivo”.
A aspirante, ademais de presentar o recurso contencioso-administrativo, unha vez publicadas as notas finais tamén notificou por escrito ao propio servizo de Persoal da Deputación, que non estaba conforme coa valoración final do terceiro exercicio. Asemade, outras aspirantes tamén presentaron a súa queixa ante a Valedora do Pobo, expoñendo que tampouco estaban de acordo coas cualificacións do tribunal.
A experiencia doutros casos alerta aos populares
Ao abeiro dos feitos, o voceiro popular considera que “é importante coñecer como foi todo o proceso para evitar, di, calquera práctica de amiguismo ou pago de favores por parte do PSOE e do BNG”. Deste xeito, Javier Castiñeira indica que “agardamos que se nos facilite toda a documentación e, sobre todo, que non esteamos diante doutro caso de favoritismo como foi o da ex deputada no Parlamento polo PSdeG, Sonia Verdes, que hoxe é veterinaria da Granxa Gayoso Castro, grazas a que o goberno autorizou dúas prórrogas da xubilación do director, un socialista que, como todos sabemos, foi alcalde e hoxe é concelleiro en Triacastela e que formou parte do tribunal”.
O mesmo aconteceu, lembra, coa ex concelleira en Lugo e man dereita do ex alcalde Orozco. “O que pretendemos non é ir contra ninguén. O que pretendemos é evitar esta mala imaxe que socialistas e nacionalistas están dando do organismo provincial, baseada nas malas formas, a falta de diálogo e o escurantismo na xestión”.
“O que debe rexer nestas convocatorias públicas é a igualdade de oportunidades para todos os aspirantes, xa que, o contrario, non só é inxusto para as persoas que levan anos preparándose, senón que evidencia unha falta de ética e moralidade dos políticos que dirixen a Deputación sen precedentes”, conclúe Castiñeira.



















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



