Cervo, 6 de maio de 2021. O Concello de Cervo é un dos municipios referentes en materia de reciclaxe e recollida selectiva da comunidade galega.
Así o reflicten os datos que veñen de facilitar dende Ecoembes que reflexan que o municipio mellorou substancialmente nesta materia nos últimos anos.
Analizando a evolución das cifras desde o ano 2016, o Concello de Cervo acumula un 50,5% de incremento na recollida selectiva de envases lixeiros (colector amarelo); pasando de 71.640 a 107.880 quilos en 5 anos. Uns datos tamén relevantes se só nos fixamos na comparativa entre o 2019 e o 2020; cando o aumento foi do 24,2%.
No 2020 a aportación media de cada veciño foi de 25,5 quilos de envases lixeiros, 11 quilos máis que a media galega neste mesmo período. E se temos en conta a comparativa entre o 2019 e 2020, os cervenses depositaron de media 5 quilos máis neste último ano con respecto ao anterior.
A mellora tamén é notable en canto á recollida selectiva de papel e cartón (colector azul), pasando 13,7 quilos por habitante ao ano no 2016 a 16,2 no 2020.
Son datos que o rexedor de Cervo, Alfonso Villares, valora moi positivamente, tendo en conta ademais “que sitúan ao noso Concello como un referente, grazas ao esforzo de todos os cervenses”.
Pero non podemos conformarnos –engadiu- “e temos que seguir a traballar nesta liña, e mellorar ano a ano estes datos, así, dende a delegación de Medio Ambiente, seguiremos a apostar polas campañas de concienciación e educación ambiental que vemos que están a dar os seus froitos”.
Así mesmo, Villares tamén puxo en valor a eficiencia e calidade dun servizo 100% municipal, “polo que apostamos dende sempre, e que está a ser contrastado agora polas cifras que nos din que imos no camiño correcto”.
A día de hoxe o Concello de Cervo conta con 545 colectores verdes (de materia orgánica e fracción resto), 179 amarelos (envases, latas, briks..), 44 azuis (papel e cartón), 12 vermellos (aceite), 45 de vidro, 2 de roupa e unha decena de colectores negros destinados á poda que foron instalados nos últimos meses en lugares estratéxicos de cada parroquia.
A este respecto desde o Concello fíxose nos últimos tempos un minucioso traballo de xeolocalización e cartografado de todos os contedores instalados no municipio, por categorías, “a fin de levar optimizar ao máximo os recursos e facer máis eficiente este servizo municipal”
A edil de medio ambiente, Mali Méndez, tamén recordou que son moitas as iniciativas nesta materia que promovemos ao longo do ano, e destacou por exemplo, a “entrega anual gratuíta que facemos de composteiros” –máis de 200 familias teñen un nos seus fogares; ou as iniciativas en educación ambiental que diriximos aos máis pequenos ao longo de todo o ano “coñecedores da importancia de concienciar sobre a reciclaxe dende a propia infancia”.
O rexedor e a concelleira quixeron agradecer unha vez máis a implicación da veciñanza de Cervo, “cuxo compromiso resulta fundamental para que o noso municipio sexa referente en Galicia nesta materia”; e animan a seguir neste camiño e “a ser cada vez máis ambiciosos porque o resultado é beneficioso para todos”.
Estas cifras tan positivas tamén se deben en gran parte ao convenio subscrito entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, ao que está adherido o Concello de Cervo, que supuxo un incremento substancial dos fondos destinados ao reforzo no número de colectores de recollida selectiva no termo municipal.






















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



