Ribadeo, 6 de maio de 2021. No Concello de Ribadeo celebrarase unha comisión informativa da área social o vindeiro luns, 10 de maio, para dar conta aos grupos políticos da Corporación da herdanza aceptada de Francisco Moreda Pérez, co fin de destinala ao Hospital Asilo de San Sebastián e San Lázaro. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “ese foi o desexo desa persoa e o equipo de goberno está empeñado en darlle un cambio positivo ao Hospital Asilo ao que se vai destinar toda esta herdanza”. O rexedor dixo que “se non chega pediremos, como sempre, apoio a outras institucións”.
Suárez Barcia dixo que “a proposta da Alcaldía convocamos para este luns unha comisión informativa da área social para que desde o goberno, acompañado tamén polos técnicos municipais, deamos conta aos representantes dos grupos políticos da Corporación do contido da herdanza aceptada do señor Francisco Moreda Pérez coa fin de destinala ao Hospital Asilo municipal de San Sebastián e San Lázaro, tal e como foi o desexo desta persoa. Será agora, neste momento e non outro, unha vez que puidemos determinar a magnitude da herdanza tanto de bens inmobles como doutros recursos económicos”.
O rexedor dixo que “máis aló desas intencións escuras de botar luz que pretende algún enredante popular, desde o goberno municipal preferimos actuar sempre de maneira clara e transparente coa responsabilidade que supón xestionar con determinación os recursos que alguén legou, cunha fin concreta, e polo que nos puxo nunha responsabilidade moi grande, e á que non queremos fallar máis aló do ruído mediático e interesado que por unha parte da oposición se poida facer”.
O alcalde de Ribadeo engadiu que “estamos empeñados en darlle un cambio positivo ao Hospital Asilo, así o merece, e neste empeño utilizaremos toda esta herdanza, e o que non chegue dela, que pola magnitude das obras así será, pedirémoslle como sempre apoio a outras institucións. A ver se desta volta algunhas delas cumpren de verdade”.









Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



