Burela, 4 de maio de 2021. A Escola Municipal de Música de Burela organiza varios obradoiros que se levarán a cabo desde o 11 de maio ao 23 de xuño.
Xan Carballal, o director da Escola, explica que “están destinados a todos os rapaces dende seis anos, mozos e adultos que queiran aprender e lles guste a música. Poderán utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música, respectando a normativa sanitaria en todo momento, e participarán dos obradoiros ofertados de balde”.
Carballal sinala que “comezarán o 11 de maio e rematarán o 23 de xuño, realizándose todas as xornadas nas instalacións da Escola de Música, sita na Rúa da Igrexa. Para inscribirse terán que cumprimentar a folla de inscrición que foi entregada nos centros educativos e enviala por whatsApp ou entregala presencialmente na Escola de Música antes do 10 de maio. Para calquera consulta atenderáselles nos teléfonos habituais dos que dispón a Escola de Música”.
O director da Escola de Música de Burela engade que “as especialidades ofertadas serán vento madeira, con instrumentos coma clarinete, frauta traveseira, saxofón, óboe, etc…e vento metal con instrumentos coma trompeta, trombón, tuba, bombardino,etc… Os obradoiros serán impartidos polo profesorado habitual da Escola de Música en horarios específicos para cada especialidade instrumental e coincidindo sempre os martes ou mércores pola tarde”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.

