Barreiros, 20 de maio de 2021. A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, puxo hoxe de relevo que a Xunta vén de investir preto de 340.000 euros na Mariña lucense a través da medida Leader, para dinamizar a economía mediante o impulso do turismo e do tecido produtivo local. Así, a Consellería do Medio Rural destinou máis de 42.000 euros á guía turística que presentou esta tarde o GDR Terras de Miranda e outros 200.000 euros a rehabilitar a casa onde se levou a cabo esta presentación, para dedicala ao turismo rural no municipio de Barreiros. A maiores, achegou máis de 95.000 euros a poñer en marcha unha carpintería metálica emprazada no mesmo concello.
Inés Santé comezou a súa visita á Mariña, precisamente, nesa carpintería metálica de aceiro inoxidable situada no parque empresarial de Barreiros, que recibiu unha axuda de 95.071 euros xestionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao abeiro da medida Leader. Como primeira empresa da comarca dedicada exclusivamente a este sector, a directora xeral comprobou que a firma ofrece asesoramento, deseño, fabricación, colocación e mantemento do produto final, priorizando como materia prima o aceiro local de orixe reciclada.
O seguinte destino foi a casa de turismo rural Araucaria House, beneficiaria dunha achega de 200.000 euros da medida Leader. Situada nunha parcela de 7.726 m² da parroquia de San Cosme, o proxecto consta dunha casa principal, catro edificacións secundarias e superficies anexas como unha eira e hortas cunha palleira, hórreo e pozo. Mediante a iniciativa subvencionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural rehabilitouse a construción -que figura na “lista de bens con valor cultural e que deben ser obxecto de protección” elaborada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta- para convertela nun establecemento de hostalería coa clasificación turística de “Casa Grande”. As novas instalacións dispoñen de sete cuartos dobres e un individual, oito baños e un total de 18 prazas, ademais de zonas comúns como un comedor, sala de lectura, ximnasio, área de xogos, sala-taller ou sala de reunións.
Na Araucaria House, precisamente, tivo lugar a presentación da guía turística elaborada polo grupo de desenvolvemento rural Terras de Miranda e que recibiu unha axuda da medida Leader de 42.710 euros. O proxecto persegue impulsar os negocios de turismo rural da zona, fomentar o coñecemento de toda a oferta turística da comarca potenciándoa como destino seguro, saudable e de natureza e levar a cabo distintas accións de promoción e comunicación en redes sociais. Cómpre apuntar que para a elaboración desta guía se buscou a colaboración co sector primario e terciario, así como co resto de organismos e institucións, de cara ao desenvolvemento económico, social e cultural da Mariña lucense.
Convocatoria Leader
Cabe lembrar que continúa aberto -ata o vindeiro 3 de xuño- o prazo para que os interesados en beneficiarse das axudas Leader presenten os seus proxectos ao correspondente grupo de desenvolvemento rural. Esta nova convocatoria conta cun orzamento de 13 millóns de euros para os anos 2021 e 2022, un presuposto que está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 2,5% pola Administración xeral do Estado e nun 22,5 % pola Xunta.
A través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, onde está enmarcada a medida Leader, aprobáronse nese período un total de 1.151 proxectos (629 produtivos e 522 non produtivos) cos que se conseguiron consolidar 2.636 empregos e crear outros 778 novos postos, cunha axuda pública de 62 millóns de euros.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



