Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, puxo hoxe en valor o papel clave do sector marítimo-pesqueiro no abastecemento de alimentos de calidade á sociedade desde o inicio da pandemia. Un esforzo, sinalou, que permitiu abastecer á cidadanía con máis de 150.000 toneladas de produtos do mar que foron descargadas no 2020 nas lonxas e centros autorizados de Galicia. Así o expuxo durante a clausura das XXVIII Xornadas técnicas de Expomar onde tamén especificou que esa produción representa un valor económico de máis de 410 millóns de euros.
Isto reflicte, subliñou Rosa Quintana, que o sector pesqueiro resistiu mellor que outras actividades da economía galega o impacto da crise polo coronavirus, o que amosa o mantemento da actividade e á economía marítimo-pesqueira como unha das máis puxantes de Galicia. Entre os datos positivos rexistrados malia a pandemia e que destacou a conselleira está o prezo medio dos produtos do mar, que acadou en 2020 os 2,75 euros o quilo, o que supón a terceira mellor cotización da serie, que se remonta a 1997.
Co obxectivo de animar á cidadanía a consumir produtos do mar e recoñecer ese esforzo e entrega dos mariñeiros, o Executivo galego puxo en marcha a campaña Merca produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco, que estivo presente nos medios de comunicación e redes sociais e nos puntos de venda de diferentes supermercados e hipermercados de Galicia. Neste eido, e dirixida a fomentar o consumo dos produtos do mar en xeración millennial de Galicia, enmárcase tamén a campaña Vai de Peixe.
A isto súmanse, subliñou a titular de Mar, as accións desenvolvidas pola Xunta noutros ámbitos para tratar de minorar as consecuencias derivadas da covid-19. Unha delas é o plan para a dinamización do complexo mar-industria Avantemar, que supuxo en 2020 unha inxección de 77 millóns de euros e neste 2021 suporá preto de 13 millóns de euros. Esta acción, lembrou a titular de Mar, está formada por cinco liñas de apoio coas que aportar liquidez e solvencia para garantir a súa sustentabilidade e competitividade ante as dificultades actuais derivadas da covid-19.
En relación ao ámbito sanitario, a conselleira destacou o importante esforzo do sector marítimo-pesqueiro na aplicación e cumprimento das autoridades sanitarias para manter a actividade con garantías e contribuír ao subministro de produtos do mar á cidadanía. Nesta liña, a titular de Mar puxo en valor o proceso de vacinación dos tripulantes iniciado pola Xunta tras compartir datos co Instituto Social da Mariña e organizar a loxística necesaria.
Xornadas Técnicas Expomar Burela
As xornadas técnicas celebrábanse tradicionalmente de xeito paralelo á Feira Expomar, pero co tempo adquiriron personalidade propia e diferenciada, polo que pasaron de celebrarse cada dous anos, canda a feira, a facerse anualmente. Este encontro aborda todas as edicións os temas de maior actualidade e controversia do sector co obxectivo de atopar solucións.
Na edición deste ano, que é semipresencial, os diferentes participantes analizaron, desde diversos puntos de vista das administracións central, europea e empresarial, a situación pesqueira actual e os desafíos que ten que aprontar o sector pesqueiro nesta época marcada pola pandemia da covid-19.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



