Lugo, 24 de xuño de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves no paseo lucense do Rato o programa de Actividades Fluviais que a institución provincial porá en marcha este verán en 10 concellos da provincia.
Na rolda de prensa estiveron presentes tamén a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e alcaldes, alcaldesas e representantes municipais da maioría das localidades nas que terán lugar estas accións de lecer. En concreto, asistiron os rexedores de Alfoz, Jorge Val; Guitiriz, Marisol Morandeira; Láncara, Darío Piñeiro; Navia de Suarna, José Fernández; Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico; e Trabada, Mayra García Bermúdez; e o tenente de Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro.
As Actividades Fluviais son totalmente gratuítas e están dirixidas a un público familiar, podendo anotarse maiores de 6 anos de idade no propio lugar da actividade. Haberá actividades acuáticas, como kaiak, paddle surf, inchables, e outros xogos nas contornas fluviais.
O Presidente explicou que o programa desenvolverase durante o mes de xullo nos municipios de Ribeira de Piquín, Trabada, Alfoz, Vilalba, Begonte, Navia de Suarna, Láncara, Ribas de Sil, Monterroso e Guitiriz.
“Con esta iniciativa, dende a Deputación de Lugo ofrecemos unha alternativa de ocio ao aire libre moi atractiva para o verán, que contribúe a dinamizar a vida social e a vida económica dos concellos”, detallou o mandatario provincial. O programa, engadiu, tamén será importante para contribuír á recuperación do sector turístico, hostaleiro e do comercio local fronte ao impacto das restricións provocadas pola pandemia, porque todos sabemos que onde hai actividades de lecer, hai consumo, sobre todo no sector servizos. A xente ten ganas de saír, de recuperar a súa vida normal, e dende a prudencia, temos que dar pasos nesa recuperación”.
José Tomé subliñou que este paquete de actividades ten obxectivos a longo prazo. “Queremos promocionar o rico patrimonio fluvial que temos na provincia de Lugo e mostrar todo o seu potencial para seguir impulsando o turismo de interior e natureza”. Neste sentido, lembrou que, ademais das Actividades Fluviais, a Deputación colabora coa Gold River Race, a regata que nace sendo a máis longa de toda Europa, “unha proba de primeiro nivel que arranca precisamente mañá en Augasmestas, en instalacións que son da Deputación de Lugo, no concello de Quiroga, e que, sen dúbida, terá un efecto moi importante na promoción da riqueza fluvial da provincia de Lugo”.
O Presidente convidou á veciñanza da provincia a participar nestas actividades que se poden practicar en familia e con amigos.
Éxito da edición anterior
O mandatario provincial salientou que o ano pasado estas actividades tiveron moi boa acollida: “a pesar da pandemia, participaron preto de 700 rapaces e rapazas de toda a provincia, nun amplo rango de idade” e “ante esa boa acollida, este ano decidimos ampliar a oferta a 10 concellos para ampliar tamén a capacidade e o impacto do programa”.
Como na edición anterior, estas actividades cumprirán en cada momento cos protocolos de prevención da Covid-19 que vaian determinando as autoridades sanitarias en función da evolución da pandemia.
CALENDARIO DAS ACTIVIDADES FLUVIAIS
Ribeira de Piquín – Área Recreativa Chao de Pousadoiro
1 de xullo. De 15 a 18 horas
Trabada – Ría de Abres
3 de xullo. De 11 a 14 horas
Alfoz – Parque da Naranxa
4 de xullo. De 16 a 19 horas
Vilalba – Área recreativa da Madalena
10 de xullo. De 16 a 19 horas
Begonte – Club fluvial
17 de xullo. De 16 a 19 horas
Navia de Suarna – Praia fluvial
24 de xullo. De 16 a 19 horas
Láncara – Praia fluvial de Pobra de San Xiao
25 de xullo. De 16 a 19 horas
Ribas de Sil – Praia fluvial de San Clodio
30 de xullo. De 16 a 19 horas
Monterroso – Área recreativa A Peneda
31 de xullo. De 16 a 19 horas
Guitiriz – Praia fluvial de Parga
1 de agosto – De 16 a 19 horas






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



