Ribeira de Piquín, 30 de xuño de 2021. A Xunta de Galicia aprobou hoxe inicialmente o Plan básico municipal (PBM) de Ribeira de Piquín, o último dos nove concellos pioneiros en apostar por esta figura que logra supera este trámite e segue avanzando co fin de dotarse canto antes do seu primeiro instrumento de ordenación.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá o municipio lucense para asinar a orde de aprobación inicial do seu PBM e participar xunto ao rexedor, Roberto Fernández, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, no acto de presentación do futuro documento urbanístico.
Precisamente a responsable autonómica agradeceu ao Goberno local e ao equipo redactor a súa “aposta” por avanzar cara a un urbanismo responsable e sostible a través da redacción do seu propio PBM, unha ferramenta pensada para que os concellos de menos de 5.000 habitantes e sen planeamento —37 en toda Galicia— poidan desenvolver certa actividade urbanística pero sen establecer criterios de crecemento urbano.
Neste sentido, subliñou que Ribeira de Piquín foi un dos nove concellos que de forma pioneira empezou a traballar no seu propio plan básico e felicitouse polo feito de que, a día de hoxe, todos eles teñan xa aprobados inicialmente os seus respectivos PBM.
“Grazas a este plan imos facerlle a vida máis doada aos veciños e a aqueles que por diferentes motivos queiran ampliar as súas instalacións ou investir neste fantástico municipio”, declarou a conselleira.
Pola súa banda, o alcalde, Roberto Fernández, subliñou que o Plan básico municipal supón unha “solución urbanística” acertada para concellos que, como o seu, non teñen “posibilidades técnicas nin económicas” para facer fronte ao que supón a redacción dun PXOM e agradeceu a colaboración da Xunta “desde a primeira reunión” para sacar adiante este plan no menor tempo posible.
Cómpre lembrar que para axudar e motivar aos municipios de menos de 5.000 habitantes sen planeamento a tramitar un instrumento deste tipo, o Goberno galego asumiu directamente a redacción do primeiro deles —o do concello do Páramo— ademais de colaborar técnica e economicamente con outros oito concellos, que xa teñen nestes momentos moi avanzada a tramitación dos seus plans (Riotorto, Cartelle, Padrenda, Porqueira, Triacastela, San Xoán de Río, Trabada e Ribeira de Piquín).
Así, desde a aprobación inicial fai seis meses do Plan básico municipal do Páramo, Ribeira de Piquín é o quinto municipio que supera este trámite na provincia de Lugo e o noveno que o fai en toda Galicia, dando así un paso decisivo para dotarse dun marco urbanístico propio. De feito, a conselleira lembrou que o obxectivo da Xunta é que estes nove concellos que no seu día foron pioneiros ao apostar polos PBM poidan telos aprobados definitivamente a finais deste ano ou comezos de 2022.
Neste sentido, tamén hai un segundo grupo de municipios (Alfoz, Guntín, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e Dozón) nos que se están a realizar desde marzo os traballos técnicos necesarios para cartografar os seus respectivos territorios, paso previo e imprescindible para poder iniciar a redacción do PBM.
Contido do plan
O documento aprobado inicialmente hoxe identifica no concello de Ribeira de Piquín un total de 55 asentamentos de poboación, dos cales 38 están clasificados como solo de núcleo rural —30 deles tradicionais, 4 de tipo común e outros 4 que combinan partes tradicionais e comúns— e os 17 restantes como solo rústico.
Así mesmo, tamén cataloga os elementos do patrimonio cultural e natural do municipio merecedores dunha protección especial. Concretamente, o PBM de Ribeira de Piquín identifica 173 elementos —47 arqueolóxicos, 31 arquitectónicos e 95 etnográficos— , dos cales máis dun 60% (106) foron incorporados ao longo do proceso de elaboración do documento e os 67 restantes xa estaban identificados no Plan básico autonómico.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


