
EL CONSELLEIRO DE SANIDADE, JULIO GARCIA, EN LOS ACTOS DEL XXXV ANIVERSARIO DEL HOSPITAL COMARCAL DE MONFORTE
Monforte de Lemos, 23 de xuño de 2021. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, puxo en valor hoxe a aposta da Xunta de Galicia pola rede de hospitais comarcais, que permite que o 85% da poboación galega estea a menos de 30 minutos dun centro hospitalario. Tal e como remarcou o responsable da sanidade pública galega, nos últimos doce anos, a Xunta leva actuado en todos os hospitais comarcais da rede do Sergas, sendo o investimento total de todas estas actuacións de máis de 32 millóns de euros.
Estas palabras do conselleiro de Sanidade foron pronunciadas no acto conmemorativo do XXXV aniversario do Hospital Comarcal de Monforte, que contou coa presenza, ademais do conselleiro, do delegado territorial da Xunta, Javier Arias Fouz; do xerente do Sergas, José Flores Arias; do xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares Rico; da directora do distrito sanitario norte, María José Cortés Canay, da directora do distrito sanitario sur, Inmaculada Ramos; e do alcalde de Monforte, José Tomé Roca.
O acto conmemorou os 35 anos da institución, permitíndo facer un alto e reflexión ao redor do que foi o centro sanitario neste máis dun terzo de século, o compromiso dos seus traballadores e o vínculo cos cidadáns e pacientes da comarca, recoñecendo a quen entregou parte da súa vida traballando pola saúde de todos, como así mesmo apostar por un presente e futuro prometedor para o hospital.
O Hospital Público de Monforte de Lemos foi inaugurado no mes de maio do ano 1986, recibindo ós seus primeiros pacientes ambulatorios e ingresados en xuño e xullo respectivamente. A súa posta en marcha supuxo un antes e un despois na atención sanitaria na zona sur da provincia de Lugo. Cubre asistencialmente a once concellos da zona sur: Monforte de Lemos, O Saviñao, Sober, Pantón, Chantada, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil e Pobra de Brollón, que sumán unha poboación de 45.183 habitantes a primeiro de xaneiro deste ano.
Incremento de prestacións, servizos e persoal
Dende entón, non parou de medrar en prestacións, servizos e persoal, permitindo que os habitantes da zona sur puideran dispor preto dos seus concellos dun importante centro para a atención médica especializada, que foi modernizándose día tras día.
Nos seus inicios, o Hospital de Monforte contaba con moitos menos servizos que agora. Parteu cos servizos de Xinecoloxía, Pediatría, Rehabilitación, Cirurxía Xeral, Uroloxía, Medicina Interna e Aparello Dixestivo, Reumatoloxía, Ciruxía Ortopédica e Traumatoloxía, Anestesioloxía e Reanimación, Farmacia, Radiodiagnóstico, Urxencias e Laboratorio.
Na actualidade conta, a maiores, con Alergoloxía, Anatomía Patolóxica, Bioquímica, Cardioloxía, Coidados Paliativos, Dermatoloxía, Endocrinoloxía, Fisioterapia, Hematoloxía, Hospital de Día de Oncohematoloxía, Medicina Preventiva, Medicina do Traballo, Neumoloxía, Neuroloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía, Otorrinolaringoloxía, Psicoloxía, Psiquiatría, Unidade de Hospitalización a Domicilio e Unidade de Mamografías, entre outros.
Dende a inauguración, en 1986, ata a actualidade, o Hospital non parou de medrar e de incorporar numerosas melloras asistenciais e técnicas: o primeiro mamógrafo chegou en 1993, ano no que tamén se implanta a laparoscopia. O primeiro TAC tamén foi un fito moi importante (aconteceu en 1996).
A primeira gran ampliación do propio Hospital de Monforte (inaugurada no ano 2006) permitiu dispor dun edificio a maiores de 6.000 metros cadrados, e dotar ao Hospital monfortino dun novo bloque cirúrxico e obstétrico, unha área de cirurxía menor e unha nova área de esterilización. Ao mesmo tempo, posibilitou liberar un importante espazo no hospital para aumentar servizos e consultas.
A dotación de novos servizos ou a creación do Hospital de Día de Oncoloxía ou da Unidade de Hospitalización a Domicilio foron outros dos importantes avances experimentados neste distrito sanitario, que permitiron acercar un gran número de servizos aos habitantes desta área e evitar moitos desprazamentos de pacientes a outros centros hospitalarios.
Os especialistas do Hospital de Monforte atenden anualmente unhas 82.000 consultas externas e máis de 13.000 urxencias hospitalarias. Ademais, cada ano unhas 4.200 persoas teñen que ser ingresadas neste centro, no que tamén se realizan unhas 3.000 intervencións cirúrxicas anuais, máis de 30.000 probas de radiodiagnóstico convencional, máis de 4.000 TACs, máis de 6.000 ecografías, ademais de resonancias magnéticas e outros moitos estudos e actividade asistencial.
Reforma integral
Neste proceso de mellora continua, o Hospital de Monforte atópase agora inmerso nun novo plan de de modernización que supón a reforma integral da practica totalidade do hospital. A Xunta de Galicia investirá 15 millóns de euros nesta actuación, que asegura un futuro prometedor e brillante para este hospital, que será dotado de espazos máis amplos, modernos, funcionais e adaptados ás novas necesidades asistenciais que foron xurdindo. Os traballos de reforma e mellora afectarán a unha superficie de 10.000 metros cadrados, cos que a Xunta de Galicia busca potenciar este hospital e acercar a asistencia especializada a todos os cidadáns.
As actuacións suporán a remodelación das unidades de hospitalización, a creación dun novo Hospital de Día de Oncoloxía e Hematoloxía e dun Hospital de Día de Procesos Asistenciais (xa en fase de construción), a creación de novas áreas de probas funcionáis dentro da reordenación e adaptación da área de consultas externas; a reforma do Servizo de Farmacia (tamén xa en fase de construcción) e unido a todo o anterior, a adquisición de novo equipamento.
A primeira fase xa en marcha
A primeira fase das obras iniciouse a principios deste ano e supón a construción dun novo Hospital de Día de Oncohematoloxía, un Hospital de Día de Procesos Asistenciais, e a reforma do Servizo de Farmacia. Con anterioridade xa se adaptou e modernizou o Servizo de Anatomía Patolóxica.
O novo Hospital de Día de Oncohematoloxía contará cunha nova localización dentro do centro hospitalario e cunha superficie dispoñible maior que a do actual. Disporá de 10 postos de tratamento, consultas médicas, consultas de enfermería, entre outros servizos complementarios, como farmacia, controis de enfermería, salas de espera, almacéns, baños e vestiarios.
O Hospital de Día de Oncohematoloxía creado polo Sergas no Hospital de Monforte permite atender neste centro toda a patoloxía oncolóxica dos pacientes do distrito sanitario sur da provincia, sen necesidade de que estes teñan que desprazarse a outros centros hospitalarios. Cada ano aplícanse nel máis de 7.000 tratamentos contra o cancro, o que se traduce noutras tantas viaxes evitadas a pacientes desta zona da provincia. Ademais, cada paciente é atendido por un oncólogo especializado na súa patoloxía concreta, de xeito totalmente personalizado, o que garante a todos os pacientes da provincia a mesma calidade na atención independentemente do seu lugar de residencia.
Nesta primeira fase, tamén se creará un Hospital de Día de Procesos Asistenciais, que contará cunha ampla sala de tratamentos, con sete postos, un deles para illados, ademais doutros servizos. En total, os dous hospitais de día suman 17 postos de tratamento.
A reforma integral do Hospital de Monforte suporá a renovación total da zona de hospitalización. Uns 4.000 metros cadrados da área de hospitalización serán totalmente reformados, afectando ao 100% dos andares de ingreso. O resto das obras permitirán renovar o 70% da superficie do hospital. Pero, ademais, actuarase sobre as fachadas e carpinterías exteriores, coa fin de mellorar a eficiencia enerxética e o illamento térmico e acústico do edificio.
A reforma do Hospital de Monforte recolle, así mesmo, a creación de novas salas para probas funcionais de Dixestivo, Cardioloxía, Xinecoloxía e Obstetricia, Oftalmoloxía e Neumoloxía.
Tamén se prevé a reforma e reorganización do Servizo de Urxencias do hospital, que afectará principalmente á súa área de observación.
Unha vez concluídas as obras, o Hospital de Monforte de Lemos presentará espazos máis amplos e funcionais, unha área de hospitalización completamente renovada, ao igual que a área de consultas, hospitais de día, farmacia, etc, o que dá mostra da importancia que para o departamento sanitario da Xunta de Galicia teñen os hospitais comarcais, pola súa proximidade ao cidadán, e da aposta do Goberno galego por acercar a atención especializada aos usuarios, ofrecéndolles uns servizos sanitarios avanzados e de calidade.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



