Lugo, 29 de xuño de 2021. Ao goberno provincial non lle importa que as iniciativas poidan ser de gran interese para a provincia; se veñen do Partido Popular, socialistas e nacionalistas optan por non apoialas. En palabra do portavoz popular, Javier Castiñeira, na sesión plenaria celebrada esta mañá pola corporación provincial “unha vez máis notouse nos puntos que presentou o Grupo Popular o receo do goberno provincial a apoiar as cousas positivas para a provincia se veñen do PP”. Así ocorreu á hora de votar as propostas para desbloquear a tramitación da Gran Senda do Navia e instar ao Goberno a modificar as tarifas eléctricas.
Castiñeira sinala: “Unha das nosas mocións tiña por finalidade instar ao Goberno a desbloquear a tramitación da Gran Senda do Navia, que descorrerá por sete concellos da montaña de Lugo e por nove de Asturias, para comunicar O Cebreiro co Cantábrico. É o momento perfecto para levar adiante este proxecto, con fondos europeos para a reactivación e a resiliencia. É un proxecto capaz de dinamizar a comarca da montaña”. Os populares non entenden “por que PSOE e BNG non apoiaron esta iniciativa e se abstiveron”. O PP, nun exercicio de xenerosidade política e para buscar a unanimidade nun asunto sen máis transfondo político que a vontade de sacar adiante este proxecto, ofreceron a posibilidade ao PSOE de transformar o que na práctica era a emenda de substitución que presentou por unha emenda de engádega, opción que foi rexeitada polos socialistas. Esta moción foi defendida polo popular Jesús Manuel Núñez.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica: “Tamén se abstiveron socialistas e nacionalistas na moción presentada polo PP en relación coas tarifas eléctricas. Non apoiaron a demanda popular de facer cambios nas tarifas, que prexudican moito a fogares e empresas. Nunca funcionou a tarifa nocturna e vai seguir sen funcionar. Algunha das medidas anunciadas polo Goberno, como a baixada do IVE, son medidas temporais, que non afectan realmente ao tecido económico e prodúcense co único obxectivo de calmar o malestar social creado cos indultos”.





















Ao longo desta semana, máis de 40 científicas, divulgadoras, xornalistas e activistas participan nunha campaña simultánea en todo o Estado para achegar á cidadanía as consecuencias que os recentes ataques a Irán poden ter na vida cotiá. No marco desta iniciativa, celebrarase en Ribadeo un acto informativo o venres 17, na Escola Municipal de Música, ás 19:00 horas. Toda a información sobre o No Normal Tour está dispoñible en:
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
Reyco Burela FS convoca a todos os socios e socias á Asemblea Extraordinaria que se celebrará o martes 28 de abril no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) nunha primeira convocatoria prevista para as 20.00 h. e segunda para as 20.30 h. O acceso será única e exclusivamente para socios e socias, que deberán asistir á xuntanza co carné de socio/a e o DNI. Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta anterior. 2. Situación económica xeral. 3. Procedementos xudiciais contra o club. 4. Accións adoptadas para a continuidade do club. 5. Rogos e preguntas
O acto está organizado pola A.C. Francisco Lanza e contará coa participación de Dores Fernández Abel, en representación da entidade, xunto co autor da obra. Duarte Correa xa visitara Ribadeo no ano 2022 para ofrecer unha charla sobre a situación política internacional, centrada daquela na guerra de Ucraína. Nesta nova ocasión, o público poderá volver seguir a súa capacidade de análise e síntese, que lle permitirá ofrecer unha visión actualizada dun contexto xeopolítico en constante transformación.
A parada principal foi Cee, onde a expedición foi recibida no Museo Fernando Blanco, afondando nos vínculos históricos entre ambos municipios. Durante a visita, o director do centro destacou a “dobre conexión” entre Ortigueira e Cee, lembrando a figura de Manuel Rebollar, músico ortegán que dirixiu a Banda de Música de Cee entre 1927 e 1940. O recordo ao artista foi un dos momentos máis emotivos da xornada, ilustrando os lazos culturais que unen ás dúas localidades desde hai case un século.



