Lugo, 11 de maio de 2021. A presidenta provincial do Partido Popular e deputada autonómica, Elena Candia, destaca a IXP Terras do Navia “dará un valor engadido á economía da Montaña”. A popular expresa o seu agradecemento á Xunta de Galicia, que “dende o minuto demostrou unha gran sensibilidade con este proceso para poñer en valor este selo e dar así un pulo á produción dos caldos de Negueira, Navia e A Fonsagrada”.
“Deste xeito, dáse continuidade a un proceso liderado por un Goberno do PP”, afirma a presidenta, que lembra que, recentemente, “os deputados lucenses nunha visita realizada en marzo á adega Panchín, situada en Negueira de Muñiz, xa anunciabamos que levariamos este asunto ao Parlamento de Galicia para impulsar a inclusión dos viños da bacía do río Navia no rexistro europeo de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, o que suporá o seu recoñecemento oficial”. Candia volve así a poñer en valor a produción vitivinícola desta zona que cada vez acada un maior peso tanto en calidade como en cantidade.
A IXP é aplicable aos viños brancos, producidos de uvas de godello, albariño, loureira, treixadura, torrontés e branca lexítima. No caso dos tintos, será o serodio, mencía, merenzao, brancellao, caíño tinto e loureiro tinto. A etiqueta incluirá os caldos de todo Negueira. No caso de Navia, serán os producidos nas parroquias de Castañedo, Muñís, Mosteiro e A Ribeira e, en Fonsagrada, as de Cereixido, Lamas de Moreira, Monteseiro, San Martín de Suarna, Vilabol de Suarna e Vilar de Cuíña.
O proceso ao detalle
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da consellería de Medio Rural, a través da que se adopta a decisión favorable. O proceso iniciouse en decembro de 2020 coa solicitude de rexistro da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia. Con esta publicación dábase publicidade ao prego de condicións desta nova IXP, o que supoñía un primeiro paso de cara a súa inscrición no rexistro europeo. A solicitude publicárase tamén no Boletín Oficial de España (BOE) do pasado día 3 de decembro e, logo, abriuse un prazo, que finalizou o vindeiro 22 de febreiro, para que calquera que teña a consideración de interesado poida presentar alegacións.
Os trámites para a inscrición desta indicación xeográfica iniciounos a Asociación para a Defensa das Variedades Autóctonas e do Viñedo da Ribeira do Río Navia, que representa a un incipiente sector vitivinícola que ten interese en distinguir os seus viños no mercado cun indicativo de calidade. Unha vez comprobado que se cumpren os requisitos legais, elaborouse o prego de condicións, que establece que esta IXP será aplicable a viños brancos e tintos elaborados exclusivamente con uvas de determinadas variedades, todas elas autóctonas.
A posta en marcha desta denominación facilitará a comercialización das producións da zona e servirá para potenciar outras actividades económicas nese territorio, nomeadamente as relacionadas cos servizos turísticos. Por outra parte, a potenciación das nosas producións agroalimentarias e, en particular, as acollidas aos diferentes indicativos de calidade favorece a economía da comunidade autónoma. Unha vez superado o período de alegacións, o expediente será remitido ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para o seu envío á Comisión Europea. Alí será analizado e sometido a outro proceso de oposición, este xa a escala da UE, con publicación no Diario Oficial da Unión Europea. Superado este proceso produciríase a inscrición formal no rexistro, pero previamente, unha vez que pase polo trámite a nivel español, pódese activar a denominada «protección nacional transitoria», mecanismo que permitiría que a indicación xeográfica se puidese usar en España mentres continuase o proceso de tramitación da inscrición a nivel europeo.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



