Foz, 15 de xuño de 2021. O Concello de Foz solicita que, de forma urxente, a Xunta de Galicia conceda a subvención para a contratación de socorristas. O alcalde, Fran Cajoto, explica que “estamos a mediados de xuño e o único que recibimos da Xunta o pasado venres, día 11, foi unha notificación na que nos autoriza a iniciar trámites, pero sen resolver a concesión da subvención. A Xunta de Galicia indica de forma expresa que a recepción desta notificación non xera dereito algún para resultar beneficiario da subvención. Isto é: non sabemos cantos socorristas se nos conceden, a duración das contratacións nin a contía da subvención. Non podemos contratar socorristas se non é con fondos propios e estamos a mediados de xuño, xa que a Xunta non resolve. A administración autonómica está completamente atascada e isto está xerando uns problemas enormes aos concellos, estanos afogando”.
O rexedor municipal de Foz engade que “outro exemplo é a bolsa de interinos de carácter nacional. Estamos a falar de secretarios, interventores e tesoureiros que constitúen os motores dos concellos. A Lei 7/1985 do 2 de abril de bases do réxime local atribúe ás comunidades autónomas a competencia para levar a cabo os nomeamentos de persoal interino naqueles postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional. O problema é que non se fan exames e as bolsas están baleiras. No caso de habilitados secretarios hai neste mes de xuño 6 na bolsa, 9 en intervención e 3 en tesouraría. Este persoal é insuficiente para cubrir baixas e outras continxencias, o que provoca enormes problemas administrativos nas entidades locais”.
Para Fran Cajoto “a parálise administrativa da Xunta está xerando unha problemática terrible. O verán está aí e necesitamos servizo de salvamento nas praias. Hai ben poucos anos -estamos a falar do 2017 e 2018- a Xunta financiaba 16 socorristas en Foz e as resolucións saían no mes de maio. No 2020 financiáronse unicamente 6 e neste 2021 a data 15 de xuño non sabemos cantos finalmente nos vai a conceder Santiago. Debemos ser todos conscientes e esixir unha solución de forma inmediata”.
O alcalde destaca que “o Concello de Foz fixo os deberes e sacou con fondos propios unha convocatoria de 14 socorristas -incluído o xefe de equipo-, o maior esforzo económico feito nunca. Debemos ser responsables e mirar nas datas nas que estamos, o verán non se pode retrasar”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



