Burela, 23 de xuño, 2021. A Fundación Imdecum rendeu homenaxe esta tarde aos Heroes do Orzán na praia de O Cantiño, en Burela, coincidindo co que debería ser a apertura do Memorial de fútbol sala base que todos os veráns reúne a preto dun milleiro de pequenos deportistas na Mariña. Malia que a cita non se puido recuperar en estado puro, este ano Vista Alegre tamén se sumou ao recordo do polícía burelense Rodrigo Maseda Lozano, xunto aos seus compañeiros José Antonio Villamor Vázquez e Javier López López, cun partido amigable entre dous dos clubs habituais do torneo, o Pescados Rubén Burela FS e o EDM Concello de Guitiriz.
Como en 2020, o acto simbólico de inauguración do Memorial Heroes do Orzán tivo lugar fronte ao monólito que lembra a Rodrigo Maseda desde abril de 2012 no areal burelense. Xunto a Isabel Lozano, en representación das familias, e do presidente de Imdecum, Marcelino Luna, participaron o alcalde de Burela, Alfredo Chairo, e o presidente e a vicepresidenta do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco e Cesarina Fanego, ademais dos axentes Iván Castro, José Campelle e José Carlos Sánchez da Comisaría de Policía de Viveiro, destino de Rodrigo na Mariña.
Coa reincorporación paulatina da base ás competicións, o Memorial tamén quixo honrar sobre o parqué aos policías nacionais que perderon a vida na praia de Orzán nun intento de rescate, como leva facendo desde 2012. A ilusión e a emoción dos pequenos deportistas quedou reflectida no enfrontamento amigable da categoría cadete entre dúas das escolas incondicionais da cita.
Traballando para 2022
Ao longo de cinco días, entre hoxe e o domingo, centos de nenxs entre as categorías de Prebenxamín e Xuvenil asolagarían os pavillóns e rúas de Burela, Foz, San Cibrao, Xove e Viveiro para disputar o torneo.
Dando pasos firmes na volta á normalidade, a organización xa está a traballar para retomar o Memorial e a competición a finais de xuño de 2022. O mellor fútbol sala basee volverá dar espectáculo ao longo da Mariña, nun evento que se converteu en toda unha referencia nas axendas de escolas e clubs de toda España. A Deputación de Lugo e os concellos de Burela, Foz, Cervo, Xove e Viveiro colaboran na iniciativa da Fundacion, que supón un revulsivo para o turismo da campaña no inicio da campaña estival.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



