Burela, 11 de xuño, 2021. O Pescados Rubén Burela FS gozará un ano máis en Primeira Masculina. O conxunto de Sito Rivera certificou a súa permanencia na mellor liga do mundo no segundo partido de play out con festa de goles na visita de Durán Ejido Futsal (8-2).
Os galegos non querían deixar nada ao azar, nin forzar na última bala, e demostrárono coas ganas en avalancha sobre a rede de Franco. Con todo, foron os de Óscar García os que se puxeron por diante no minuto 4, con Juanillo e, na liña de meta, Cortés. A ofensiva laranxa baixou pero con Pazos, no 11, tocou volver á carga. Edu mantivo a salvo os mariñáns no 12 fronte a Juanillo e segundos despois, Quintela, selou o empate cunha vaselina, quedándose só ante o meta rival. En tan só dous minutos, unha gran triangulación deu a iniciativa aos de Sito Rivera, con pase de Pazos a Iago Míguez ao segundo pau. Con dous minutos para o descanso, Quintela enfundouse na camiseta de porteiro xogador e a Bomboneira estalou; tras a vitoria de Renato ante Franco no 19, Iago Míguez, en conivencia con Giasson, puxo o seu toque en forma de dobrete a falta de 56 e 18 segundos.
Cun triunfo moi encamiñado, con 5-1, Durán Ejido Futsal, como a semana pasada, apostou polo xogo de cinco sen descanso. Tras o perigo inicial salvado por Álex primeiro e o pau despois, Pitero e Renato puideron selar o sexto a porta baleira, que chegou precisamente nas zapatillas de 12 burelista no minuto 33. Álex Diz e Quintela completaron a festa nos minutos 35 e 36.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Edu, Matamoros, Renato, David Pazos, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Álex Diz, Iago Míguez, Giasson, Javi Rodríguez, Pitero, Nito, Bruno
Durán Ejido Futsal: Franco, Josema, Cristian Rubio, Cortés, Nacho Gil, cinco inicial; tamén xogaron Juanillo, N. Caballero, Guille, Negro, Musa, A. Motos, Bustos, Dona
Goles: 0-1, minuto 4, Cortés; 1-1, minuto 12, Quintela; 2-1, minuto 14, Iago Míguez; 3-1, minuto 19, Renato; 4-1, minuto 20, Iago Míguez; 5-1, minuto 20, Iago Míguez; 5-2, minuto 26, Nacho Gil; 6-2, minuto 33, Renato; 7-2, minuto 35, Álex Diz; 8-2, minuto 36, Quintela
Árbitros: Gallo Suárez // Hevia Campa. Por Burela amarela a Renato. Por Exido amarela a Juanillo, Nacho Gil, Josema.
Incidencias: Segundo partido da fase de promoción de Primeira División disputado en Vista Alegre, coa presenza do vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez, o presidente do CTAFS, Álvaro Cid Bragado, e o alcalde de Burela, Alfredo Chairo, entre outras autoridades.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


