Foz, 30 de xuño de 2021. O Concello de Foz presenta o orzamento municipal no pleno da corporación local que se celebrará mañá, xoves, día 1 de xullo. A concelleira de Facenda e tenente de alcalde, Inés López Couto, destaca que “é un orzamento das persoas para as persoas. Nun ano complicado segue apostándose fortemente polos servizos sociais, así como nos investimentos para mellorar a vida dos habitantes de Foz, tan necesarios para que o concello siga mellorando día a día”.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “Foz presenta uns presupostos equilibrados entre ingresos e gastos, ascendendo estes últimos a 8.165.391,52 euros, a pesar da merma na recadación coa derrogación de ordenanzas fiscais coma a de terrazas para o apoio ao sector da hostalería local. Grazas á suspensión de aplicación da regra de gasto o Concello de Foz non está suxeito ao cumprimento da mesma así coma do Plan Económico Financeiro que tería que levar a cabo; isto permítenos investir todo o orzamento sen que se deixen recursos sen utilizar, apostando pola mellora da calidade de vida das veciñas e veciños de Foz, con investimentos tan importantes coma os dos terreos da EDAR ou as achegas municipais ás obras do Plan Único 2021, que son as maiores dende que se iniciou o plan. Outro investimento moi importante son os 69.200 euros que se reservan para a renovación da tubaxe de abastecemento na rúa Eduardo Pondal, en fibrocemento e que tivo sucesivas roturas durante o ano 2020”.
No eido social no ano 2021 as axudas de emerxencia social continuarán sendo de 1.000 euros, a aquelas familias que máis o necesiten, ademais de continuar apostando polo Banco de Alimentos, para que os produtos que reparten poidan chegar a todas aquelas familias que o necesiten. Así mesmo está en tramitación o expediente para a contratación da prestación do Servizo de Axuda no Fogar na súa modalidade de dependencia, para o que se incrementa a partida orzamentaria.
Inés López engade que “outra das partidas máis importantes é aquela referente á persoal para cubrir necesidades do Concello: incluímos unha partida de case 190.000 euros, que incrementada cos preto de 90.000 que se inclúen no fomento do emprego do Plan Único, intentarán cubrir necesidades municipais de persoal en época de verán e para mellorar os servizos ofertados. Tamén esperamos que poidan contribuír a ofrecer un traballo e aprendizaxe a todas aquelas persoas que necesiten ou queiran formar parte do equipo do Concello de Foz”.
Tamén se inclúe a partida orzamentaria para cubrir gastos da Asociación Protectora de Animais de Foz, por importe de 4.000 euros, e para a ACIA de Foz, por 30.000 euros.
A concelleira de Facenda indica tamén que “traballamos codo a codo coa Intervención municipal para que o orzamento puidera saír adiante, intentando que nel se reflicta a realidade municipal e sendo honestos cos compromisos adquiridos con todas as focegas e focegos”.
Fran Cajoto sinala que “con paso lento pero seguro estamos saíndo dunha pandemia que o condicionou todo. Os concellos temos a obriga de poñer o foco nas persoas, investir nas necesidades reais: sen grandes alardes pero con honestidade, con ambición pero tamén con sentido común. Este ano puidemos incluír máis de 450.000 euros de investimentos con fondos propios, o que, sumado ao plan de emprego e ás actuacións que estamos a facer con persoal do Concello, supoñen unha firme aposta polas melloras de Foz, tanto no casco urbano como nas parroquias ”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



