Foz, 5 de xuño de 2021. O Concello de Foz procedeu á contratación, con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación, da nova numeración do rueiro do termo municipal. O alcalde, Fran Cajoto, explica que “actualmente a numeración está sobre uns planos do ano 1995 desactualizados, sobre os que se foron anotando a man as novas numeracións. A perda ou extravío desta documentación constituiría un grave problema para trámites tan habituais como os empadroamentos. Ademais, os planos non son fieis á realidade, xa que na cartografía non se inclúen numerosas vivendas e hai erros de localización, polo que non se pode realizar un traballo fiable e preciso”.
O rexedor municipal engade que “a creación da nova base de datos, que se fará sobre un sistema de información xeográfica GIS, virá a resolver este problema. É moi habitual que distintas vivendas compartan o mesmo número co engadido dunha letra. Ademais certas direccións non se recoñecen en aplicacións tan empregadas como Google maps e isto xera problemas cos servizos de correo e paquetería, que non localizan moitas vivendas. Debemos poñer solución a este problema”.
O alcalde anuncia ademais que se aproveitará a ocasión para nomear rúas que están aínda sen nome: “no casco urbano hai varios exemplos, como a rúa que conecta Álvaro Cunqueiro e Rúa do Pilar á altura da pastelería Anduriña. Farase unha proposta buscando o maior dos consensos e mellorando desta forma a localización de todos os portais”.
Fran Cajoto destaca que “o traballo non se limita ao casco urbano, senón que se estende a todo o concello de Foz. É por iso que o prazo de execución se elevou aos 8 meses de traballo, para un importe de adxudicación de 17.908 euros”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



