Viveiro, 27 de xuño, 2021. As persoas donas de cans de Viveiro tiveron que ler na prensa nos últimos días un recordatorio do Concello de Viveiro segundo o cal, a estancia e/ou circulación de animais domésticos nas praias está prohibida. Un verán máis, a prohibición é o recurso que utiliza o goberno de María Loureiro para asumir as competencias que lle outorga a Lei de Costas sobre o dominio público marítimo terrestre estatal para manter as praias e lugares públicos de baños nas debidas condicións de limpeza, hixiene e salubridade.
De feito en pleno 2021, continuamos á cola de concellos que contan cunha ordenanza reguladora de uso e aproveitamento das praias que permita o acceso dos cans, como por exemplo si teñen os concellos de Barreiros e Ribadeo.
O único que se fixo durante os últimos anos en Viveiro, foi unha proposta de ordenanza cuxa aprobación inicial non saíu adiante por unanimidade da oposición argumentando unha vez máis, a falta de participación veciñal que ten por costume exercer o goberno municipal de Viveiro, a pesar de que a necesidade de contar con zonas habilitadas nas praias e noutros lugares do concello para o desfrute de mascotas domésticas é unha demanda que poderíamos denominar “histórica”, pois vénse demandando ano tras ano polas veciñas e veciños de Viveiro onde xa son dúas as iniciativas de recollida de sinaturas con máis de 1200, que non recibiron resposta formal nin a día de hoxe se fixo efectiva ningunha solución ou alternativa que permita á veciñanza o dereito a desfrutar en liberdade coas súas mascotas.
No concello segue sen existir posibilidade legal de que os cans corran, salten, se bañen e socialicen con outros cans, o cal é vital para o seu desenvolvemento saudable e equilibrado. É totalmente necesario dotar Viveiro destas zonas, tendo en conta que ademais de proporcionarlles ese dereito tamén suporía a medida máis urxente e máis efectiva para previr e controlar as molestias e perigos que os animais podan causar a persoas e instalacións, obxectivo que non se consegue coa prohibición, xa que ao non existir áreas delimitadas nin unha regulación da que todxs se podan beneficiar, a prevención e o control son inviables.
Desde o BNG de Viveiro rexeitamos esta prohibición que se vén repetindo de continuo, cando existen alternativas de baixo custe e pouco ambiciosas que permiten o uso compartido de praias e zonas verdes da veciñanza coas mascotas, como é por exemplo poñer horarios, acoutar zonas con estacas e cordas, e/ou colocar paneis informativos coas normas de convivencia e as sancións por incumprimento.
De xeito gradual, sendo máis ambiciosxs, incluso se podería colocar á beira das praias un posto/caseta que ofreza ás persoas usuarias estacas para atar os cans, papeleiras para depositar os excrementos, a instalación dunha mangueira ou duchas para cans… proxecto que ademais contribuiría a potenciar o turismo con mascotas no noso concello.
Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal do BNG de Viveiro solicita ao pleno da corporación local a adopción dos seguintes ACORDOS:
Establecer como medidas para este verán:
1. Restablecer o horario de acceso para os animais ás praias que rexe de maneira habitual no que poden acceder despois das 21h e até antes das 9h. (21:00-9:00h).
2. Acoutar polo menos unha zona verde de esparcimento para cans, de maneira permanente ou con delimitación horaria.
Como medidas a curto-medio prazo:
1. A creación de zonas acoutadas permanentes para cans, ou con horario, nas praias e zonas verdes de Viveiro, á maior brevidade posible no tempo. Como propostas suxerimos as seguintes localizacións:
Praia de Covas: zona próxima ao Cembedo.
Praia de Seiramar
Praia de Arnela
Praia de Area: zona lateral contra as penas máis próxima a Celeiro
Zona verde situada a carón do campo de fútbol do Cembedo
Zona verde do paseo da variante, na rotonda do Ecce Homo
Zona verde parcelas Ecce Homo
Zona verde parque Pernas Peón, na zona próxima ao IES María Sarmiento
Zona verde a carón da piscina de Celeiro
2. Contar coa colaboración da veciñanza así como de asociacións de animais de Viveiro para a escolla das localizacións e o acordo das normas de convivencia que rexerán nestas áreas que han de recollerse a través da modalidade legal que máis se axuste, sexa Ordenanza, Regulamento ou calquera outra fórmula.
3. Realizar campañas de concienzación relacionadas coa necesidade de recoller e limpar os excrementos das mascotas, incluídos ouriños. Promovendo que as persoas donas dos cans leven xunto coa bolsa un frasco con auga con xabón ou produto desinfectante para que cando ouriñe o can nunha zona pública se bote ese líquido.
4. Reanudar as xuntanzas de traballo para acordar o texto da Ordenanza Municipal reguladora da tenencia de animais e da Odenanza reguladora de uso e aproveitamento das praias.























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



