Viveiro, 29 de xuño de 2021. O grupo de goberno do Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas da situación na que se atopa actualmente o edificio que fora sede do Centro Comarcal da Mariña Occidental.
Efectivamente, o edificio ten deficiencias que dende o goberno municipal se están tratando de regularizar. O que non é verdade é o estado de abandono do edificio, tal e como apunta o voceiro do Partido Popular en Viveiro.
“No 2016, ano de entrega por parte da Xunta de Galicia ao concello de Viveiro deste edificio, hai que aclarar que xa se atopaba sen uso dende había algún tempo, sendo os últimos moradores o Distrito Forestal ubicado en Viveiro, así como Medio Rural antes de pasar ás instalacións da Consellería do Mar en Celeiro”, afirma o grupo de goberno, “polo que entrégannos un edificio que como se pode observar nas imaxes que se adxuntan non estaba no estado impecable que afirma o señor Rodríguez Blanco”.
Primeiramente, deron de baixa o contrato da luz antes da cesión, co cal por parte do Concello de Viviero houbo que regularizar esta situación.
“Segundo, entendemos que o mobiliario era propiedade das delegacións citadas, co cal o retiraron quedando as instalacións diáfanas, se ben quedaron os expositores turísticos de diversos concellos da Mariña”, engade Jesús Fernández, tenente de alcalde de Viveiro.
Asemade, cómpre destacar que a forma de entregar o edificio non foi nas mellores condicións. A modo de exemplo, pódese indicar que levaron ata a caldeira da calefación (como se pode ver nas imaxes) e rabizaron o cableado da centraliña de telecomunicacions do edificio, co cal quedou inservible (como se pode ollar nas imaxes), ademais de faltar algunhas das luminarias, así como os apliques eléctricos.
“Imaxinamos que dende a Xunta de Galicia non ordenaron facer isto, entón non podemos asegurar se foi a empresa de desmantelamento ou alguén que a priori non tería entrada nas instalacións, pois non se observou ningún indicio de entrar pola forza; en todo caso, nun estado impecable, como se pode observar, non se atopaba”, manifesta o grupo de goberno de Viveiro.
Con respecto á limpeza, non é certo o asevera o PP de Viveiro, dado que o concello sacou a concurso público o servizo de limpeza de varias dependencias, entre as cales está o centro comarcal, realizándose este servizo tres días á semana, os luns, mércores e venres de 21:30 a 22:30 horas, non sendo moi doado a limpeza da cristalaría polo exterior, dado o deseño do edificio.
O que si e certo é que no exterior vanse realizar unhas obras de mellora, pero en ocasions non poden ser realizadas de xeito inmediato, pois depéndese de partidas económicas. Estabase a retirar parte do teito do corredor lateral por desprendemento de pezas de madeira e cando se estaba procedendo a dita actuación, repisou o terreo polo que está esa zona con vallas de protección para evitar incidentes.
Entre as obras previstas están o recheo do antigo oco da auga, onde se vai a poñer unha zona axardinada, así como o arranxo das plaquetas rotas ou desprendidas en dito espazo.
O concello engade que están utilizando o edificio asociacións e colectivos para realizar os seus ensaios, tales como Escolma de Meus e Banda Naval de Viveiro (que realizaban as súas actividades no antigo edifico do Casino e por peche deste víronse na rúa), Tempus Fugit, Grupo Cantos de Taberna Espera que vou mexar, Grupo de Teatro Andanzas, e tamén ten a súa sede o Seminario de Estudos Terras de Viveiro.
Por último, pouco antes da pandemia habilitouse a parte traseira para realizar algún tipo de exposicións nunha zona acristalada.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



