Burela, 25 de xuño de 2021. A Escola Municipal de Música de Burela organiza o XI Curso de Verán que se desenvolverá do 30 de xuño ao 16 de xullo. Os primeiros días os rapaces e rapazas participarán no xogo musical Na búsqueda do Torques e do 12 ao 16 de xullo terán lugar os Cursos de Banda e de Jazz. A programación da Escola de Música de Burela foi presentada esta mañá e ao acto asistiron, entre outros, o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola, Xan Carballal.
O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, anunciou que “as actividades para este verán se van desenvolver na primeira quincena do mes de xullo e están divididas en dúas partes. A primeira parte será do 30 de xuño ao 4 de xullo e consistirá nun xogo baseado nun traballo que desenvolvemos fai anos A viaxe de Brandán. Agora démoslle unha volta a isto e Brandán vai tentar atopar o Torques de Burela. Deste xeito tratamos de involucrar a todos os rapaces que se apuntan no curso, en horario de mañá e tarde, dividido por especialidades. A tarde dedicarémola máis ben a preparación da parte vogal e a mañá á parte instrumental e confección de roupa e instrumentos. Todo iso para preparar o xogo que se vai desenvolver durante a tarde do domingo día 4 de xullo. Consistirá, por equipos, nunha especie de ximkana onde hai diferentes localizacións no pobo de Burela e mediante unhas pistas, que se van dar, os equipos tratarán de atopar ese Torques que está escondido nun lugar. Por medio de xogos musicais e outro tipo de xogos imos tratar de dar esas pistas para que se poida desenvolver o xogo e gañará o equipo que atope o Torques”.
Xan Carballal salientou que “mediante isto tratamos de amosar que a música, ademais dunha formación, é divertida. Xa levamos anos facendo este curso e vemos que é unha forma de estimular aos rapaces, que descubran o mundo da música a través do xogo e que moitos deles se quedan xa para traballar, aprender a tocar instrumentos, aprender a cantar, etc…”.
O director da Escola Municipal de Música de Burela engadiu que “dos días 12 ao 16 de xullo teremos o Curso de Banda, que será pola mañá e o Curso de Jazz, que será pola tarde. Isto é para rapaces, que na súa maioría son da Escola de Música e doutras escolas da contorna que, sen ter a presión do colexio, aprenden dun xeito máis lúdico. Somos conscientes de que aínda temos as limitacións derivadas da pandemia, pero non quita que se realicen proxectos e este é un dos máis importantes que fai a Escola ao longo do ano”.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, quixo “poñer en valor o traballo da Escola de Música con estas actividades de verán organizadas para o seu alumnado, innovando e buscando temas que resulten divertidos e que lles axudan a aprender”.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.

