Barreiros, 25 de xuño de 2020. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, pídelle ao portavoz do PP que abandone a demagoxia e se centre en atender ao que sucede en Barreiros, antes que ao que lle dictan desde o seu partido, “polo ben do conxunto das veciñas e dos veciños”.
En relación coas declaracións realizadas aos medios de comunicación sobre a posición do Concello no que se refire á EDAR de San Miguel, pídelle “que se informe antes de falar publicamente, xa que que hai literalemente dous días que diriximos un escrito á Consellería de Infraestruturas, tras unha conversa telefónica coa propia conselleira”.
“O contido de dito escrito, que por suposto a oposición ten á súa disposición, atende ao falado entre a conselleira e a rexedora, manifestando o interese do goberno municipal por levar a cabo o proxecto existente para poder optar a fondos europeos que permitan reducir a porcentaxe que tería que poñer o Concello, facendo viable e real a mesma”, explica.
Sobre o aspecto económico e a capacidade do Concello de Barreiros para asumir un terzo da obra, Ana Ermida pídelle a Gómez Puente “seriedade e rigor” e rétao a atopar un millón de euros municipais dispoñibles para poder afrontar esta obra nos orzamentos que quedaron de xestións anteriores no goberno municipal. “Salvo que estean ocultos nalgún lugar ao que aínda non tivemos acceso, a capacidade do Concello para asumir un millón de euros é inexistente na situación actual”, asegura.
“O que non imos facer é brindes ao sol, comprometéndonos a aportar unha cantidade de diñeiro que sabemos que non é posible, enganando así a outras administración e ás veciñas e veciños. Ese xeito de actuar era o que viña mantendo o anterior goberno de Barreiros nos últimos 14 anos, contemplando unha cantidade irrisoria nos orzamentos municipais, a sabendas de que non se podería executar”, manifestou.
A alcaldesa insiste en que o pouco que se ten avanzado con respecto a este tema se fixo nos últimos dous anos de goberno, cando se tiveron continuas xestións para tratar de atopar a mellor solución para unha problemática de anos atrás.
A rexedora lembra tamén que foi o propio Concello de Barreiros quen se dirixiu en primeira instancia a todas as administracións, tamén á Xunta de Galicia, para trasladarlles o problema e tratar de atopar solucións. “Nese sentido, o apoio da Xunta veu determinado pola solicitude deste por parte do goberno de Barreiros, non foi un ofrecemento de oficio como pretende trasladar a oposición nas súas declaracións.”
“Queda máis que acreditado o interese do actual goberno municipal en sacar adiante este proxecto e as xestións feitas desde o Concello para acadar a colaboración doutras administracións. Se o portavoz da oposición quere estar informado, pode dirixirse ao goberno cando desexe e trasladarémoslle toda a información para que tamén poida colaborar en que o proxecto sexa realidade, aínda que non o fixese cando tiña responsabilidades de goberno na área de medioambiente”, conclúe Ermida.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



