Burela, 23 de xuño de 2021. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero demandará mañá no Parlamento de Galicia, na Comisión 5ª a partir das 10:30 da mañá, a que de xeito urxente se repoña o servizo de radioloxía no hospital da Mariña, cubrindo as dúas prazas de radiólogos que a día de hoxe están vacantes, con persoal estable e garantindo a atención no propio hospital. Así o anunciou hoxe a deputada socialista tras coñecer que existen pacientes que están sendo derivados ao HULA.
Otero lembra que o hospital da Mariña é o hospital de referencia da zona norte da provincia de Lugo “e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes que se incrementa de xeito exponencial na época de vacacións”. Na iniciativa rexistrada remarca que, “neste centro hospitalario hai cinco prazas de radioloxía, pero a día de hoxe o Hospital só conta con tres radiólogos. No hospital da Mariña dende hai moito tempo existen dúas prazas de radiólogos sen cubrir, despois da xubilación dunha das profesionais e o traslado doutra facultativa”.
Así as cousas a Deputada Autonómica denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na comarca da Mariña por parte do Goberno de Feijóo, como xa o denunciamos hai pouco tempo tamén co servizo de cardioloxía”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



