Compostela, 2 de xullo de 2021. ADEGA, CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, FEG (Federación Ecoloxista Galega), Grupo Naturalista Hábitat, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía) e Verdegaia vimos de solicitar á Xunta a inclusión dunha representación do ecoloxismo galego no “Observatorio da eólica mariña”.
O pasado 9 de xuño a Xunta anunciaba a constitución do denominado “Observatorio da eólica mariña” co obxectivo de ”someter ao acordo de todos os axentes participantes cada paso que se dea no desenvolvemento da eólica mariña”. Neste organismo consultivo estarían representadas, alén das consellarías de Economía, Empresa e Innovación, Mar e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a patronal da industria do metal e eólica mariña (ASIME-GOE, Galician Offshore Energy Group), e o sector pesqueiro (confrarías e Consello Galego de Pesca).
Chama a atención que malia a que entre os obxectivos declarados deste observatorio se atopan “analizar o impacto que suporía a instalación de parques eólicos mariños nas costas galegas” utilizando para iso “estudos medioambientais e socioeconómicos” para “garantir o desenvolvemento desta tecnoloxía renovable desde o respecto, o equilibrio e a compatibilidade coas actividades pesqueiras e a preservación do seu ecosistema”, non se teña contado coa participación das entidades ecoloxistas.
Xa o Convenio de Aarhus en 1998, ratificado en 2004 polo Estado español recoñece (arts. 6 e 7) o dereito da cidadanía a participar nas decisións relativas a determinadas actividades, planos, programas e políticas que atinxan ao medio ambiente. Pola súa banda a Directiva 2003/35/CE pola que se establecen medidas para a participación do público na elaboración de determinados planos e programas relacionados co medio ambiente, determina no seu artigo 2 que os estados membros garantirán que o público teña posibilidades dende o principio na preparación, modificación ou revisión dos planos e programas con afeccións ambientais. E finalmente a Lei 27/2006 pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, recoñece estes dereitos e incorpora no Título II as determinacións da Directiva 2003/35/CE (arts. 16 e 17).
Xa que logo, este observatorio debería considerar o concurso do movemento ecoloxista que acredita décadas de traballo nos ecosistemas costeiros e mariños, e abrirse tamén á participación das universidades e organismos de investigación que traballan neste medio. Non resulta aceptábel que á hora de avaliar os impactos da eólica mariña nas costas galegas se consideren unicamente os aspectos socio-económicos que interesan ao sector.
Asinan: DEGA, CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, FEG (Federación Ecoloxista Galega), Grupo Naturalista Hábitat, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía) e Verdegaia


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



