Madrid e a súa vacinación no Corte Inglés volve a presentarme unha vez máis a chamada ‘colaboración público-privada’, vista ó noso arredor, en hospitais, autoestradas… e en calquera outro lugar onde se poda sacar lucro con servizos, lucro privado a conta do público, da xestión do comunitario. Coido que esa é a cuestión dunha expresión que considero un eufemismo: o lucro. Se non fose polo lucro, as ‘colaboracións público-privadas’ respondería a outra idea, darían outra visión, tería outro desenvolvemento, como colaboración. Ou sexa, non habería tal ‘colaboración’ entrecomiñada e como substitución de contrato mercantil ou semellante, senón sinxelamente colaboración, sen comiñas, e por moito que o Corte Inglés pareza un ánima caritativa poñendo vacinas. Despois de ter preferencia na vacinación do seu persoal, servindo de propaganda gratuíta e ademais atraendo xente ó lugar do negocio. E despois de torpedear a sanidade como servizo público dende dentro. E todo, propiciado pola política ao mando e presentando a desfeita como algo que debemos agradecer á empresa privada nun acordo como din os americanos win-win, entre vencedores, no que todo o mundo gana: a xente pode vacinarse antes e os dependentes da empresa, aínda antes: Que pode estar mal?.
Por outra banda, non se fala máis que raramente dunha colaboración sen a que a estrutura pública veríase fortemente afectada, colaboración que ademais leva tempo sendo repelida de diversos xeitos por moitas institucións que ven a xestión comunitaria como un ‘coto privado’ das institucións chamadas públicas por depender da estrutura política, é dicir, que substitúen a idea de xestión co común por xestión das autochamadas institucións públicas. Tal parece ás veces que o comunitario fose un anatema fóra da propaganda que se poda facer á súa costa, e o público algo que non é de ninguén e do que hai que fuxir unha vez trasladadas as súas funcións ó ámbito privado, da sanidade ó exército, da educación á burocracia. A través de chiringuitos esperando o día de poder allear mesmo ese poder incontrolado e opaco e facer máis privada a sociedade. Non unha sociedade calquera, non, senón A Sociedade. Esa sociedade que deixou o comunitario, bens e servizos, en mans de xestores, confiando neles para unha xestión que agora deciden subcontratar, quedándose e aumentando os beneficios do seu posto e diminuíndo o poder e a riqueza da comunidade en conxunto, nun traspaso do que é de todos ó que é só dun puñado. É dicir, para privar a sociedade da súa esencia para conseguir o obxectivo de privatizala.
Metaforicamente pódese falar de que se se chega ate a pechar con chave legal mesmo o Sol. Así se poden interpretar as trabas a dispor de enerxía solar de xeito autónomo nas casas: quérese o tellado como lugar de produción para o exterior a custe cero para a rede, mentres os prezos da electricidade subministradas por ela medran sen moito control, comezando dende o pago sinxelamente por dispor de electricidade, independentemente de canto se consuma, a máis do propio consumo. E non só en España. Aínda hoxe remato de ler un titular que apunta á preferencia de Biden de aumentar o número e potencia das liñas eléctricas ‘para transportar electricidade dende as granxas solares e parques de aeroxeradores’, primando iso, as compañías privadas de xeración, sobre a posibilidade de aproveitamento do Sol de xeito directo por parte da comunidade.
Por certo, que é a escravitude se non o alleamento de posesións e actos, pasando a ser privativos da persoa ou entidade escravista? Nese proceso de alleamento anda a nosa sociedade…




















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



