Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2021. Galicia e as demais comunidades autónomas da Cornixa Cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco) analizarán polo miúdo a proposta de ecoesquemas que presentará o Goberno Central e realizarán as alegacións oportunas para defender os intereses dos nosos agricultores e gandeiros e para garantir que estas axudas ambientais contemplen as particularidades da España húmida.
Así o acordaron esta mañá os representantes destas autonomías na reunión por videoconferencia co secretario general de Agricultura y Alimentación, Fernando Miranda, sobre Arquitectura Ambiental do Plan Estratéxico da PAC. Nesta xuntanza participou, por parte galega, unha delegación encabezada polo secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Nicolás Vázquez.
O representante da Xunta fixo un balance positivo do encontro, por canto o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) -que se comprometeu a presentar a súa proposta ás comunidades autónomas- amosouse en principio receptivo e colaborador, con respecto ás demandas da Cornixa Cantábrica.
As devanditas autonomías do Norte de España piden, entre outras cousas, a inclusión de novos ecoesquemas adicionais aos propostos polo MAPA, máis adecuados para a España húmida, e tamén que se introduzan, de xeito transversal, un complemento vinculado á prevención de incendios, a extensión do complemento previsto para as superficies en Rede Natura ás zonas con limitacións naturais ou unha modulación da axuda por estratos de tamaño, entre outras correccións.
En relación con estas achegas da nova PAC, coas que Europa quere fomentar as prácticas ambientalmente sostibles, Galicia considera que eses requisitos non poden ser esixencias adicionais para os agricultores e gandeiros, que no caso galego xa están facendo unha custodia do territorio pola vía do cultivo da súa base territorial.
Fano, ademais, para loitar contra o abandono, un dos grandes retos que enfronta o agro galego. Por iso, deféndese que o deseño a nivel español ten que recoller ecoesquemas que se adapten aos sistemas produtivos característicos de Galicia e a Cornixa Cantábrica.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



