Burela, 8 de xullo de 2021. Este mediodía foron izadas as bandeiras azuis nas praias de A Marosa e O Portelo, tal e como estaba previsto. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, e a concelleira de Igualdade, Noelia Mª Ben.
O distintivo non puido ser izado en Ril, “debido á falla de socorristas que sufrimos”, tal e como lembraba nas últimas horas o rexedor, que subliñaba que “haberá todos os servizos nas praias e procuraramos ter todo ben ordenado da mellor maneira posible”.
Tamén esta mañá se reuniu o comité de xestión das praias no que se abordaron cuestións como “a situación sanitaria que seguimos a vivir por mor da pandemia do covid e tamén a falla de socorristas, que é algo que se está a repetir nos últimos veráns”. Do comité de xestión de praias forman parte o alcalde, os concelleiros de Medio Ambiente e Turismo, o persoal técnico municipal responsable dos Servizos de Medio Ambiente, do Centro de Educación Ambiental Gaia, de Obras, de Protección Civil e da Policía Local, así un representante da empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria, limpeza de praias e xestión do punto limpo municipal.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



