Lugo, 20 de xullo de 2021. O Colectivo Egeria vén de desenvolver a exposición homenaxea Suso Fernández ou Suso do Bahía, Fillo Predilecto do Concello de Foz, onde tamén foi Cronista oficial e destacado activista cultural, social e informativo.
Esta mostra foi presentada o pasado xoves no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz, nun acto no que particiaron o homenaxeado, o alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, ademais dun grupo de amigos e familiares de Suso Fernández.
A exposición, que se complementa cun catálogo que recolle integramente os contidos da mostra, foi un encargo do Concello de Foz, con motivo da despedida (por motivos de saúde) de Suso Fernández como Cronista oficial do Concello.
O concello focego quixo que fose especial esta despedida do Cronista -e toma de posesión do novo, o historiador Xoan Ramón Fernández Pacios-, poñendo de relevo os especiais servizos que Suso Fernández ten prestado ao seu concello durante máis de sesenta anos: foi o primeiro divulgador da historia e turismo de Foz, creador de Asociacións e entidades de interese público, promotor do asociacionismo comercial e industrial e das Feiras do Libro de Foz, e especial animador de iniciativas culturais e sociais.
Esta mostra, titulada “Sempre en Foz – Suso Fernández”, realizada por Antonio Giz e Xulio Xiz, está composta por un panel de presentación, nove paneis integrados en tres prismas triangulares, un panel con palabras para Suso de persoeiros amigos, e seis mensaxes especiais correspondentes a outras tantas visións sobre este singular persoeiro focego, que compoñen un retrato literario e gráfico da vida do chamado Suso de Foz.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



