Lugo, 14 de xullo de 2021. A que vén de rematar foi unha gran tempada para os equipos deportivos da provincia de Lugo, que acadaron notables éxitos. Os magníficos resultados logrados nos terreos de xogo non se corresponden, nin son merecentes da falta de eficacia da Deputación provincial á hora de aportar as axudas económicas ás entidades deportivas, de maneira que aínda non ingresaron as cantidades correspondentes ao 2020. O deputado provincial Óscar Poy afea ao delegado de Deportes, Efrén Castro (BNG), a falta de xestión eficaz do seu departamento, que fai que algúns clubs teñan que sufrir os inconvenientes de no recibir con puntualidade os importes das subvencións.
Poy sinala: “A delegación de Deportes da Deputación non é, no conxunto do goberno provincial, unha excepción en canto ao déficit de xestión, pero a súa pouca dilixencia na tramitación dos asuntos crea notables problemas aos clubs. Iso si, o señor Castro non perde ocasión de saír na foto xunto aos deportistas, pero, realmente, son os prexudicados pola mala xestión da Deputación”.
O mesmo deputado popular: “O problema do retraso nas abonos das aportacións da Deputación ao clubs é xeneralizado. O mesmo dá que se trata da Copa Deputación de fútbol, da que os equipos aínda non recibiron as aportacións do 2020, ou das subvencións, polas que algúns seguen esperando”.
Óscar Poy manifesta: “O señor Efrén Castro ten que cambiar o paso na delegación de Deportes, moi especialmente no que atinxe ás aportacións aos clubs. Se hai aspectos da tramitación burocrática que enlentecen ou provocan retrasos, haberá que buscar a maneira de solucionar o problema; igual todo se reduce a convocar as axudas antes do que se vén facendo habitualmente. Sexa como sexa, despois dunha tempada con tantos éxitos para o deporte da provincia, aínda é moito máis chamativa a ineficacia do goberno provincial en relación co pago das axudas aos clubs. É intolerable e hai que cambiar esta situación canto antes”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



