Viveiro, 21 de xullo de 2020. O centro da cidade, o casco vello de Viveiro precisa moita máis atención da que lle presta o goberno local, pero onde mellor se pode medir a falta de interese dos responsables municipais é nos barrios. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que un caso da manifesta ineficacia do equipo que dirixe María Loureiro e o Barrio do Conexo. Os concelleiros do PP reclaman melloras no pavimento das rúas e na sinalización; máis limpeza e outras accións, como instalación de mobiliario urbano.
Óscar Rodríguez destaca que neste barrio hai un establecemento hoteleiro, que constitúe un dos motores turísticos desta zona. O portavoz popular indica que o acceso dende a Rúa Suasbarras está nun estado penoso. O pavimento está moi deteriorado e hai unha antiestética illa de contedores de superficie xusto na entrada do barrio, ademais dalgún edificio en mal estado.
O portavoz popular indica que é precisa unha mellora xeral dos barrios de Viveiro. No caso do Barrio do Conexo ademais de intervir no acceso, hai –di Óscar Rodríguez- que desenvolver iniciativas encamiñadas a humanizar esta parte da cidade, con creación de pequenos espazos axardinados, instalación de mobiliario urbano, etcétera. Os populares consideran que o Concello debe deseñar a intervención nesta parte da cidade despois de falar cos veciños e cos empresarios con locais ubicados neste ámbito urbano.























"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



