O obxectivo de Gueimunde é recuperar a alcaldía e a confianza dos veciños e veciñas do municipio pois “Viveiro necesita unha rehabilitación e recuperar a súa grandeza” Viveiro, 21 de xaneiro... Ler máis
Os populares instan á alcaldesa a responder con rapidez fronte ao problema que ten preocupados a numerosos veciños Viveiro, 4, novembro de 2022. O grupo municipal do PP faise eco da preocupa... Ler máis
Os populares denuncian que, segundo recoñece o goberno local, no Concello non hai constancia documental da adquisición no seu momento das gradas Viveiro, 15 de setembro de 2022. Dicir que a... Ler máis
Viveiro, 25 de xaneiro de 2022. A Administración ten a obriga moral de apoiar a práctica do exercicio físico e da actividade deportiva de base. E máis cando, como no caso de Viveiro, a activ... Ler máis
Viveiro, 01 de setembro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, viulle as orellas ao lobo e, politicamente, quixo botar a correr. Pero, como noutros casos, tamén no cas... Ler máis
Viveiro, 2 de agosto de 2021. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Viveiro, Óscar Rodríguez, comprobou in situ o mal olor da zona de desembocadura do río canalizado por toda a avenida de... Ler máis
Viveiro, 21 de xullo de 2020. O centro da cidade, o casco vello de Viveiro precisa moita máis atención da que lle presta o goberno local, pero onde mellor se pode medir a falta de interese d... Ler máis
Viveiro, 16 de xullo de 2021. Os propietarios están obrigados a manter os seus predios nas debidas condicións de ornato e seguridade. Así é e así debe ser, e a primeira que debe e ten que da... Ler máis


















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



