O obxectivo de Gueimunde é recuperar a alcaldía e a confianza dos veciños e veciñas do municipio pois “Viveiro necesita unha rehabilitación e recuperar a súa grandeza”
Viveiro, 21 de xaneiro de 2023. Mariña Gueimunde González é a candidata do PP de Viveiro para recuperar a alcaldía. A presentación da candidata tivo lugar onte pola tarde no Salón Covas do Hotel Thalassos Las Sirenas nun acto entre afiliados e simpatizantes do partido no que tamén participaron membros da dirección provincial, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro Ourol, o secretario xeral do partido, Javier Vázquez Nodal, entre outros.
Desde a dirección provincial destacan que “aspiramos a conseguir a alcaldía”. Balseiro subliñou que “levamos o mesmo tempo sen gobernar que o que estivemos no goberno, é unha boa oportunidade para que os veciños comparen a xestión nefasta que hai neste momento coa xestión eficiente que fixo o Partido Popular en todos os anos que gobernou”. Neste sentido, o coordinador destacou que “todas as inversións importantes que se fixeron en Viveiro teñen a etiqueta do Partido Popular, tanto cando gobernou no municipio, como os investimentos da Xunta de Galicia nos últimos anos”.
A candidata trasladou o seus agradecementos por asistir á proclamación da súa candidatura e a aposta pola renovación dun equipo “que conta cun proxecto comprometido con Viveiro”. O obxectivo principal para Gueimunde, que conta co apoio do comité local e da dirección provincial, é o de recuperar a alcaldía e volver a gañarse a confianza dos veciños e veciñas do municipio para dar resposta as súas necesidades e ser unha alternativa real de cara as próximas eleccións municipais.
“Viveiro necesita dunha rehabilitación estrutural para recuperar a súa grandeza, neste momento contamos cun equipo de goberno que está a cambiar as cousas a peor, e por iso, vamos a traballar con ilusión, humildade e seriedade para lograr uns resultados favorables”, engade a popular.
Gueimunde conta co respaldo da dirección provincial e co respecto dos veciños e veciñas do municipio, que a coñecen pola súa faceta profesional de profesora, profesión que exerce desde fai máis de 20 anos. A candidata leva unida ao partido moitos anos e xa formou parte da oposición desde o 2007 ata 2015 como concelleira do PP e. en abril do 2008, converteuse na primeira muller senadora pola provincia, un cargo que ostentou ata setembro de 2011. Ademais, desde o ano 2014 foi xefa territorial de educación na provincia de Lugo.























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



