Burela, a 26 de xullo de 2021.- Os membros do Grupo Municipal Popular de Burela consideran que “o Sr. Llano foi cómplice, durante todo este último ano, do que el mesmo denomina problema medioambiental, de salubridade e de risco de incendio do que agora culpa aos propietarios e propietarias das fincas da nosa vila” e polo que, esta semana pasada, anunciou que o Concello se está a facer responsable subsidiario da limpeza desas fincas que non foron rozadas.
O voceiro popular, Manuel Rouco, explica que “dende o noso Grupo se lle advertiu en numerosas ocasións -a través dos medios de comunicación e tamén nos plenos, como se pode comprobar nas súas actas- que o Concello debía colaborar cos propietarios das fincas de Burela, actuando de forma subsidiaria, tal e como o establece a lei, para facerse cargo da limpeza daquelas fincas que non cumprían cos debidos requisitos de ornato e limpeza”.
Rouco sinala que “durante todo este tempo fixo caso omiso, en todas e cada unha das numerosas ocasións en que se lle advertiu esta situación, polo que nos parece francamente hipócrita a actitude do rexedor municipal ao esixirlle á veciñanza de Burela que cumpra coa lei cando el non está a dar exemplo diso mesmo. Consideramos, polo tanto, que debería de ser un pouco máis comedido á hora de sinalar tan descaradamente aos veciños e veciñas de Burela xa que el foi corresponsable desta situación, que agora considera tan alarmante”, e insisten, “cando a pesares de tódalas numerosas advertencias que lle fixemos ao respecto, o único que fixo foi mirar para outro lado”.
Vertidos pestilentes efectuados en pleno verán na praia da Marosa ante o asombro de veciños e turistas
Os populares comproban con incredulidade, por outra banda, como “o Sr. Llano atopa día a día novas formas de poñer en risco o presente e o futuro da nosa vila, nesta ocasión no referente ao turismo, cunha canalización que desemboca na propia praia da Marosa e que ante o asombro dos propios veciños e os turistas que alí se atopaban, se puxo a verter auga á propia praia que na actualidade conta cunha bandeira azul. Segundo se nos indicou, o cheiro da auga que de alí saía era pestilente”, remarcan.
“Non acabamos de entender por qué o Sr. Llano se empeña en darlle a razón aos promotores da bandeira negra para Burela, pois con este tipo de situacións, iso parece que é o que pretende”, segundo condenan dende o Grupo do PP.
“Dende o Grupo Municipal Popular entendemos que esa canalización conta con tódolos permisos de Costas e que, con total seguridade, está preparada para aliviar augas pluviais. O que non pode ser é que se efectuara a contratación da recollida do lixo e limpeza viaria máis cara da historia do Concello de Burela, a cal ten como misión, entre outras, manter limpos os sumidoiros da nosa vila, e que se deixara sen limpar o que evacúa cara a un dos emblemas de Burela, a praia da Marosa”.
Os populares diríxense ao alcalde dicindo que “é precisamente para este tipo de toma de decisións tan simples polo que vostede, Sr. Llano, cobra de tódolos veciños da nosa vila un dos maiores soldos de toda A Mariña como alcalde” e convídano a “facerse merecedor del”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



