Abadín, 23 de xullo de 2021. “A veciñanza de Abadín non pode nin debe esperar un minuto máis para que o proxecto da residencia de maiores sexa unha realidade. Por iso emprazamos ao goberno do PP de Abadín a que dunha vez por todas se poñan a traballar para poñer en marcha esta nova dotación asistencial tan demandada e necesaria na nosa vila”, dixo Pablo Díaz.
Así o dixo tralo anuncio feito polo Alcalde, no que avanzou que o Concello de destinará arredor de 1,5 millóns de euros das arcas municipais para crear unha nova residencia para maiores no municipio, que contará con 54 prazas. “Nesta mesmas datas tamén anunciou que previsiblemente se celebraría un pleno para iniciar os trámites. Pero comprobamos unha vez máis que os días pasan e o pleno non está convocado”, criticou.
“Por iso queremos anunciar que dende a Agrupación Socialista de Abadín estaremos vixiantes e seguiremos traballando e presentado iniciativas e empurrando para que se cumpra este proxecto. Ademais, queremos lembrar que no pleno de novembro de 2020 defendemos unha iniciativa demandando a construción desta residencia, pero lamentabelmente foi rexeitada polo PP alegando que era totalmente inviable. Pero a realidade é teimuda e coa axuda da presión veciñal agora o Alcalde recua, e anuncia que vai iniciar este proxecto”, insistiu o Voceiro.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



