Foz, 6 de xullo, 2021. O salón de actos da Casa da Cultura “Manuel María” de Foz, acolle o venres 9 de xullo, ás 20.00 h, a presentación do libro “Alén Mundo” publicado por Edicións Fervenza, e da autoría de Paco Rivas. En dito acto, o autor estará acompañado do profesor e escritor Bernardo Penabade, o ilustrador do libro, Alfonso Otero Regal; e o alcalde do Concello de Foz, Fran Cajoto.
A obra
“Alén mundo” pretende trasladar ao lector a ese mundo lúgubre que se agocha na noite e na morte. É por iso a razón deste título, “Alén mundo”, unha expresión que se refire ao sobrenatural, ao máis alá… ao alén.
Este libro componse de catro relatos independentes, pero todos relacionados por un nexo común, o misterio, a intriga e mesmo a morte: Vedoira, O Verdugo, Ridó e O renacer de Isolino son as historias que compoñen esta obra, un debuxo literario de noites fantasmagóricas e espazos medorentos nos que coa chegada do luar nos invade o desacougo e o medo ao descoñecido.
Mais nada mellor que mergullarse nesas sombras, nese pavor ao mundo das ánimas, tan presentes na tradición oral galega que deben ser tan temidas como respectadas. Percorremos coa lectura eses carreiros bretemosos que nos permitirán chegar ao remate de cada historia sen sufoco, como aquel “Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete”, escrito por Castelao, “Alén mundo” lévanos a viaxar e entender á morte sen medo. Ser conscientes do nacer para morrer.
Colaboracións
Esta publicación, editada por Edicións Fervenza, contou coa colaboración da secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Seguridade covid
Polas circunstancias covid, o acto estará condicionado polas medidas necesarias para que se fagan respectar as distancias de seguridade, sendo obrigatorio o uso de máscara. Tamén disporemos de xel hidroalcohólico para tratar de protexer a saúde de todas as persoas asistentes. Por iso, prégase ao público que se achegue 30 minutos antes do comezo para evitar aglomeracións, pois a entrada é libre ata completar o aforo.
O autor
Paco Rivas (Cervo, Lugo). Profesor de galego, filólogo, escritor, na década dos noventa exerce como Asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra; desenvolveu —e continúa a facelo— un amplo labor no ámbito da radio (Radio Cornellá, Radio Galega, Onda Cero, Radio Foz) en programas literarios onde fixo numerosas lecturas poéticas.
Interesado en temas literarios, lingüísticos e antropolóxicos, colaborou na década dos oitenta no programa radiofónico Preescolar na Casa e na revista BuleBule que publicou mensualmente a editorial A Nosa Terra, e publicou artigos de carácter pedagóxico na revista O Cruceiro de Carral, así como diferentes estudos didácticos: O Concello nas aulas (1999), Festas de Galicia (1996), Oficios perdidos: léxico dos Ferreiros (1995), adaptacións dos contos O Misterio das Badaladas (1999) de Xabier P. Docampo e As Viaxes do Príncipe Azul (1999) de Darío X. Cabana. No eido da tradución, pasou do francés ao galego a obra Ensino e Análise Transaccional (Laiovento, 1998) de Marie J. Chalvin.
Ten numerosas colaboracións en revistas culturais e literarias, como a revista Nós do Centro Galego de Sabadell, en Ardentía e en Nova Andaina, publicación da Casa de Galicia de Santurtzi e levou unha sección de Poesía en Lúa Nova, da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona). Participou en escolmas poéticas como 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enriquez (2001), Homenaxe dos poetas de hoxe a Federico García Lorca contra a súa morte (2006), editado polo P.E.N. Clube de Galicia, ámbalas dúas coordinadas por Xesús Alonso Montero. Tamén na Antoloxía A gaita, o Gaiteiro e os gaiteiros na poesía galega (1853-2012). Edición, prólogo e notas de Xesús Alonso Montero no ano 2012. Intensamente vencellado á súa paisaxe natal, especialmente ao mar, publicou o seu primeiro poemario en 1999, Cantaruxos do meu mar e outras cantigas, seguido dunha obra máis sensorial e intimista, De ti, perdidamente (2002), Palavras Perdudas (2007), Entre Nois e Pena Orxal (2009), Camiñante de Ningures (2012); no eido da narrativa ten publicado Contos de Hoxe para contar Mañá (2007), O Paraugas na raiola e outros relatos (2019) e A lúa non era lúa (2021).
No ámbito lingüístico e lexicográfico publicou Expresións e ditos Populares da Área Mindoniense (1992), A Gheada no Concello de Ordes (1992), Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000), editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e o Dicionario Fraseolóxico do mar. Así falan os mariñaos, editado por “A Nosa Terra” en 2005. Do ano 2015, publicados por Edicións do Cumio son o seu dicionario fraseolóxico: De Punta a Chicote. Así falan os mariñaos e un libro-disco con CD incorporado titulado TRACA TRACO 24 cantigas de nanar un aloumiño e un arrolo. Na gravación aparecen voces coma as de Miro Casabella, Najla Shami, Lydia Botana, Tereixa, Carmiña e Maruxa de Fuxan os Ventos, o grupo Tundal con Antón Castro, entre outros, e tamén aparece a voz de Paco Rivas… Do 2016, tamén publicado por Edicións do Cumio é Entre o abalo e a zaranda.
Dicionario léxico do mar. Publicado por edicións Embora no 2019 é un estudio da Talasonimia da costa de Lugo… De Ribadeo ó Barqueiro, navegando a son de costa é o seu título; deste mesmo ano 2018 publicado pola editorial Baía un libro de relatos titulado Mar…usía que ten como protagonista o mar de Nois; tamén deste ano son unha Escolma Poética e un libro infantil: Picaraxadas. Do 2021 o poemario Rosas envaíñadas (Edit. Medulia).




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



