Compostela, 12 de xullo, 2021. Os aterraxes das líñas de evacuación enerxéticas conlevan un gran impacto ambiental polo que estas deben acometerse por zonas xa degradadas ambientalmente e non por zonas de alto valor ecolóxico. O despregamento das lineas de evacuación carrexa a apertura de gabias de considerables dimensións e a cimentación de fixacións tanto no trazado mergullado como no parte terrestre ata a arqueta se conexión.
Ecoloxistas en Acción alerta que no proxecto inicial tanto do Parque Eólico Mariño San Brandán como no de San Cibrao, ambos de Iberdrola, as localizacións dos aterraxes están claramente escollidas por criterios exclusivamente economicistas e non tendo en conta minimizar o impacto ambiental que causan.
As alternativas escollidas en ambos proxectos para o aterrxe da evacuación enerxética son a través de areais cando nas inmediacións existen zonas degradadas como instalacións portuarias, embarcadeiros ou polígonos industriais.
Así o documento inicial do Parque Eólico Mariño de San Brandán propón como válidas tres alternativas de aterraxe e as tres a través de praias: a alternativa 2a con aterraxe na praia de Esteiro, a alternativa 2b con aterraxe na praia de Portocelo e a alternativa 2c a través da praia da Limosa. Tamén no documento inicial do Parque Eólico Mariño de San Cibrao se propoñen as mesmas praias os únicos aterraxes viables.
Ecoloxistas en Acción demanda ao Miterd que rexeite estos proxectos se isto non se corrixe e os aterraxes se proxectan a través de zonas degradadas. O trazado da liña de evacuación non pode responden aos criterios meramente economicistas que pretende impoñer a empresa solicitante.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



