
Foto de arquivo
Viveiro, 10 de xullo de 2021. O Concello de Viveiro anuncia a celebración no municipio de diferentes eventos culturais, entre os que se atopan as Feiras do Libro e de Artesanía. Ademais, o goberno local, que dirixe María Loureiro, está a preparar unha extensa programación cultural para este verán, que incluirá a actuación de Guadi Galego.
“Apostamos pola cultura segura ao aire libre, organizando espectáculos no casco histórico, Celeiro ou Covas, e axudando ademais aos sectores máis afectados pola pandemia, como a hostalería”, explica a alcaldesa de Viveiro.
Dunha banda, entre o 13 ao 22 de agosto, Viveiro acollerá a XXXVII Feira de Artesanía nos Xardíns Noriega Varela, que inclúe a numerosos profesionais deste eido. Tamén no mes de agosto, os Xardíns Noriega Varela recibirán á Feira do Libro, que, como noutras edicións, traerán a Viveiro unha ampla oferta cultural e encontros cos escritores e escritoras.
Doutra banda, o Concello de Viveiro prepara unha ambiciosa programación cultural, con máis de 20 actividades programadas entre xullo e setembro. Entre estes eventos, o goberno local adianta que se incluirán contacontos, maxia, actuacións da Banda Municipal de Música e concertos.
“Este ano queremos deslocalizar as actividades culturais, antes sempre celebradas no centro histórico. Deste modo, levaremos a cultura a diferentes espazos de Viveiro, para darlle pulo a outras zonas como Celeiro ou Covas”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
Entre a ampla oferta cultural, destaca o concerto da cantante Guadi Galego, que visitará Viveiro no marco da xira do seu álbum “Costuras”. “Anunciaremos proximamente todos os detalles da axenda cultural destes meses, cuxas actividades serán con reserva previa e cun estrito control das normas de prevención da COVID-19”, engade María Loureiro.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



