Burela, 27 de agosto de 2021. A concelleira de Mar, Carmela López, presentou en Portos de Galicia un escrito pedindo cambios para a práctica da pesca deportiva no porto burelés. A edil acordounos na xuntanza mantida cunha representación dos pescadores recreativos da vila e co presidente da Confraría de Pescadores, Basilio Otero.
No escrito remitido a Portos de Galicia formúlanse as seguintes suxestións ou alegacións:
A) Condicións de acceso á zona portuaria
8. Os pescadores de Burela estanse atopando con que as compañías aseguradoras non cobren a totalidade das coberturas mínimas esixidas, non conseguindo asegurar a cobertura de seguro de accidentes propios con asistencia sanitaria mínima de 300.000€
B) Réxime de prohibicións.
a) Solicitamos que no porto de Burela, se habilite como zona permitida con limitacións a indicada no mapa adxunto, e que comprende dende o espigón ata a Confraría e antiga Fábrica de Xeo. Que se permita a práctica da pesca marítima recreativa entre embarcacións sempre e cando as mesmas non estean realizando ningunha operación e se atopen atracadas.
Neste punto, tamén queremos incluír o novo dique situado preto das instalacións de ABSA, sempre e cando non exista actividade pesqueira para non interferir coa mesma.
Puntualizamos que o espazo que por agora temos permitido, é un espazo con bastante actividade comercial e que moi puntualmente está libre de mercadorías. Valorar a posibilidade da convivencia entre mercadorías e pescadores.
i) Solicitamos que o aforo máximo de 1 pescador cada 5 metros se revise xa que nos parece excesiva distancia e moi difícil de cumprir tendo en conta a realidade e o espazo co que contamos.
A concelleira de Mar, Carmela López, explicou que “me reunín con Basilio Otero e cos pescadores o pasado mércores, día 25, pola tarde no porto de Burela. Pero xa levamos falando dende hai moitos meses. A nosa primeira xuntanza data de setembro do ano pasado e a partir de aí mantiven distintas reunións, tiven acceso ao borrador e mediante a Confraría e a Federación estiven ao tanto das alegacións formuladas”.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


