Lugo, 10 de agosto de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presidirá este venres na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos un acto público onde se sortearán máis de 4.500 Bonos Impulso entre as persoas que xa son beneficiaras dun destes descontos. Escollerase unha letra ao azar que marcará o apelido a partir do cal se entregarán, de maneira correlativa, os bonos excedentes do programa. O acto poderase seguir en directo a través da canle de Youtube do Servizo de Audiovisuais da institución provincial a partir das 10.30 horas e o listado dos beneficiarios quedará colgado na web da Deputación.
A institución provincial tamén entregará de maneira directa un bono ás 761 persoas que figuran na listaxe de agarda. Isto produciuse nalgúns concellos ao rexistrarse máis solicitudes que bonos dispoñibles. Esta circunstancia deuse nos municipios de Baleira, Castroverde, A Fonsagrada, Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Negueira de Muñiz, O Páramo, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Triacastela e Vilalba.
As persoas beneficiarias teñen ata o 30 de setembro para poder gastar os Bonos Impulso nos establecementos adheridos. Pola súa banda, os negocios poderán entregar as contas xustificativas ata o 15 de outubro.
Reparto a domicilio
Os bonos de 30€, para compras dun mínimo de 60, que está a repartir a Deputación estanse a entregar por orde de inscrición e poden usarse para todo tipo de actividade comercial, hostaleira e de servizos, agás á compra de bebidas alcohólicas, tabaco e lotarías.
Os beneficiarios reciben na súa casa, a través de correo postal, o seu Bono Impulso, que poderán utilizar como método de pagamento nun único establecemento. Este bono é nominativo, é dicir, leva o nome e apelidos de cada persoa, o que permitirá identificalo no momento da compra.
A Deputación fixo un reparto equitativo dos bonos entre todos os concellos da provincia seguindo criterios obxectivos, como a poboación, o número de persoas en situación de desemprego e o número de empresas dadas de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas). En base a iso, a Deputación estableceu un mínimo de 20 bonos para os concellos máis pequenos e un máximo de 5.000 para os máis grandes. Cada beneficiario deberá usar o seu Bono nos establecementos adheridos ao concello no que reside, agás que non haxa ningún inscrito, xa que esta medida naceu co propósito de xerar actividade económica nos 67 municipios que conforman a provincia de Lugo.
Na páxina web da Deputación hai habilitado un espazo específico e visual onde os interesados poden encontrar información útil sobre a campaña. Así mesmo a institución provincial ten habilitado o enderezo electrónico bonoimpulso@deputacionlugo.org e o teléfono 982.260.204 para calquera dúbida que poida xurdir.
Efecto multiplicador
A Deputación destina 510.000€ para os Bonos Impulso, unha inxección económica en termos de consumo porque, segundo os estudos económicos dos técnicos, o impacto económico de cada euro investido multiplicarase por tres, chegándose polo tanto a mobilizarse uns 1,5M€.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



