Cospeito, 25 de agosto de 2021. A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o alcalde de Cospeito, Armando Castosa, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo para empezar a concretar o contido do proxecto de restauración ecolóxica que a Xunta ten previsto acometer no municipio con cargo aos fondos europeos do Plan de recuperación que lle corresponden a Galicia.
Dentro das accións comprometidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a conservación e mellora do patrimonio natural figura un importante proxecto de rexeneración na lagoa de Cospeito co obxectivo de fortalecer elementos clave para este espazo que determinan a súa dinámica natural e biodiversidade.
Cómpre subliñar que a lagoa de Cospeito, situada dentro da Zona de especial conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga, é unha das zonas húmidas máis importantes de Galicia debido á presenza dun importante número de especies de flora e fauna protexidas propias deste singular tipo de ecosistema.
A actual configuración do humidal deriva das actuacións de restauración realizadas en 1997 pola Xunta de Galicia e ás que, posteriormente, se lles deu continuidade con distintas accións de monitorización, recuperación de hábitats, reforzos poboacionais de especies protexidas e control das invasoras, así como outras medidas destinadas a facilitar o uso público deste espazo.
Tal e como lle trasladou Belén do Campo ao alcalde, a actuación de restauración ecolóxica na lagoa xorde da experiencia acumulada nestes anos e á espera de que se concreten os detalles unha vez redactado o proxecto —para o que se contará coa colaboración e asesoramento do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader)— incluirá tarefas de mantemento e adecuación nas presas e no corredor fluvial así como melloras na sinalización.
Visita á zona da actuación
Así mesmo e tras a reunión celebrada na Casa do Concello, a directora xeral e mais o rexedor desprazáronse ata a lagoa de Cospeito para analizar sobre o terreo algunhas das zonas nas que se centrarán os traballos de rexeneración ambiental.
Segundo o reparto notificado a comezos do verán polo Goberno central, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda disporá en total de 21,6 millóns de euros procedentes dos fondos europeos para financiar distintos proxectos e actuacións en materia de conservación e restauración dos ecosistemas e da súa biodiversidade. A lagoa de Cospeito será un dos espazos naturais que recibirá parte deste financiamento.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


