Lugo, 4 de agosto de 2021. Elena Candia entregou este mércores á Comisión Organizadora do 18 Congreso Provincial preto de 1.600 avais, formalizando así a súa candidatura a revalidar a presidencia do Partido o vindeiro 19 de setembro. Deste xeito, a precandidata non só triplica o número de apoios recibidos en 2016, ano no que ocupou por primeira vez a presidencia da formación, senón que o fai sendo respaldada por afiliados de todas as agrupacións da provincia.
Superado este trámite, tal e como esixe o regulamento da formación para poder optar á reelección da presidencia, a popular sinalou que o que persegue é “liderar un proxecto baseado no traballo en equipo, que teña no centro a Lugo e unha estratexia de provincia, avalada no diálogo e no consenso”.
Neste senso, Candia precisou que “quero un proxecto que busque o equilibrio entre a ilusión da renovación e a serenidade, e a responsabilidade da experiencia”; un proxecto, en definitiva, dixo, “fundamentado tamén en valores, en principios, en compromiso de traballo, próximo á xente, humilde, entregado e, sobre todo, intelixente. No centro Lugo cidade e provincia, e con proximidade”, remarcou.
Retos: gobernar en Lugo e na Deputación
Visiblemente emocionada, Elena Candia non dubidou en recoñecer que se amosa “con máis experiencia pero, sobre todo, con moita máis ilusión, despois dese 6 de abril de 2016”, e afirma que o volve facer logo de escoitar a alcaldes, voceiros, afiliados que lle trasladaron o seu apoio e o seu punto de vista.
“Quero liderar un proxecto que ten como principal obxectivo o de convencer os lucenses de que merecemos unha oportunidade de goberno na Deputación e na cidade”. E é que segundo indicou, “percibimos a decepción dos bipartitos na rúa”. A modo de exemplo destacou que “o casco histórico da cidade agoniza; na actualidade o actual goberno local carece dun proxecto impactante para a nosa cidade; e temos un presidente da Deputación que vive de rendas do proxecto anterior que cheo foi de demonizar e que agora intenta rendibilizar, pois nin unha soa medida positiva saída do ente provincial leva a sua pegada”.
Por este motivo, e coa humildade que a caracteriza, recoñeceu que “sigo crendo que a política é o mellor instrumento de mellorar a vida da xente, neste caso, considero que o proxecto que aspiro a liderar é o mellor para mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas da provincia”, afirmou.
“A mocidade no centro das nosas decisións”
A precandidata expresou publicamente o seu agradecemento polo apoio recibido a todos os afiliados, cargos orgánicos, así como o traballo á Comisión Organizadora e a todas as persoas que están inmersas no desenvolvemento do cónclave. Os sete integrantes da COC son un reflexo “que confirma que a forza da xuventude está presente no noso Partido e nun proxecto político que contribuirá ao impulso de estratexias para o futuro da nosa provincia, tendo a mocidade, no centro das nosas decisións”, afirmou.




















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



