Ferrol, 23 de agosto. CCOO Industria de Galicia insta ás Administracións Públicas, tanto a Xunta como ao Goberno central, a exercer as súas competencias e acelerar a posta en marcha de instalacións renovables como ferramenta para amortecer a perda de emprego derivada dunha transición enerxética mal planificada e poñer freo ao disparate no prezo da luz.
A transición enerxética no Estado dista moito de ser xusta para as traballadoras e traballadores do sector enerxético que están a padecer as súas consecuencias: a destrución dos seus empregos ou, no mellor dos casos, a incerteza do futuro froito da desorde e das sucesivas contradicións nas decisións políticas.
O Goberno errou. Antes de promover novos escenarios de produción enerxética sostible, desmantelaron anticipadamente as fontes de xeración tradicionais coas consecuencias que xa coñecemos: a alza dos prezos da enerxía eléctrica, día tras día batindo recórds nun coste ineludible que asumen familias e empresas.
As Administracións públicas veñen demostrando que son incapaces de frear o incremento estratosférico no prezo da luz, e as opcións que barallan topan coa realidade dun sistema normativo creado a medida das empresas para eximir ao oligopolio eléctrico de todo control por parte dos cidadáns.
Desde CCOO Industria defendemos que a solución pasa por acelerar ao máximo a posta en marcha de instalacións de enerxías renovables. Isto permitiría, en primeiro lugar, a absorción do emprego que se destrúe nun proceso de transición enerxética pouco planificado e sen alternativas, sempre que se vincule á instalación de novos parques de enerxías renovables a proxectos industriais que comporten a fabricación de compoñentes ou elementos auxiliares priorizando a compoñente local, para evitar a desertización territorial.
En segundo lugar, a aposta polas renovables supón asegurar que a fixación dos prezos non a determinen as fontes de enerxía cun custo de produción máis elevado como o gas natural- o que está a acontecer agora mesmo- o que reduciría os prezos medios da electricidade ao relegar ás fontes de xeración máis caras.
Desde CCOO defendemos que urxe lexislar a modificación do mercado almacenista da electricidade e acelerar o anteproxecto de correcion do dividendo do dióxido de carbono (CO2) a través dun Decreto Lei, reclamando a liquidación dos costes de transición á competencia (CTCS) das eléctricas e potenciando o mercado de capacidade para unha maior seguridade de subministración.
“É imprescindible que Xunta e Goberno central, tanto o señor Feijóo como a ministra Ribera entendan a urxencia de crear unha empresa pública da enerxía para intervir no sector”, sinala Victor Ledo, secretario xeral de CCOO Industria. ¿Como? Ben sexa a través de formas de xeración, nos sistemas de almacenamento enerxético, nos mercados almacenistas e mercado de capacidade, na regulación da distribución eléctrica ou coa participación pública en todos os proxectos de enerxías renovables que entren en poxa pública.
Por último, desde CCOO Industria de Galicia instamos a todas as forzas políticas a deixar a marxe a confrontación e traballar axiña na solución do problema enerxético do que depende a boa marcha da economía xeral. Urxe que apoien o despegamento das instalacións de enerxías renovables priorizando a solución laboral dos traballadores expulsados nunha transición inxusta empurrando o desenvolvemento local nos lugares onde se localiza o recurso enerxético renovable.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



