Burela, 1 de agosto, 2021. A pivote Emilly Micaela Marcondes (São Paulo, 1994) será xogadora do Pescados Rubén Burela FS. A internacional brasileira chegou a un acordo coa Familia Laranxa para as dúas próximas tempadas; chega procedente do equipo revelación de 2020-21, Torreblanca Melilla, sendo a súa máxima goleadora e a terceira máxima artilleira da liga, con 26 dianas.
“A directiva chamoume a finais de tempada, cando os clubs xa buscaban novas xogadoras, e mostreime moi interesada pola súa proposta. Para min Burela é un gran equipo que non só suma títulos senón tamén historia. Espero adaptarme rapidamente ao bloque para axudar as miñas compañeiras; é moi importante a sintonía do grupo” explicaba a pivote zurda.
Tras catro campañas en Telêmaco- Borba e dúas en Unifor, Emilly deu o salto ao futsal español a tempada pasada desde o São Jose. “Defender esta camiseta para min é unha honra. Para min é un soño desde antes de saír do Brasil, poder chegar a formar parte dun equipo campión de todo. Farei todo o posible para poder sumar como grupo esta tempada” confesaba a xogadora, de 26 anos.
Emilly é a terceira novidade das Guerreiras Laranxas, despois das internacionais españolas Irene Samper, desde AD Alcorcón, Elenita, procedente de Universidad de Alicante. Suma a duodécima peza do proxecto das campioas, con Ale de Paz, Leti, Jenny, Cilene, Cami, Dany, Elena Aragón, Sandra Buzón e Jozi.
Final del formulario


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 


