A Pontenova, 30 de agosto de 2021. O Alcalde socialista da Pontenova, Darío Campos Conde, avanzou hoxe que o Concello pon en marcha un concurso de fotografía “co fin de que se resalten ese espazos da nosa vila que nos parecen os máis fermosos pero que, ao mesmo tempo, son descoñecidos para a gran maioría dos veciños e veciñas deste concello”. O prazo para presentar as imaxes é ata o 15 de outubro, e as gañadoras sairán publicadas no calendario da Pontenova do ano 2022.
Campos Conde explica que a “finalidade principal desta iniciativa é a de dar valor e visibilidade aos numerosos recunchos, paisaxes, árbores, fervenzas, construccións tradicionais, etc… que son singulares, posúen unha indubidábel beleza estética e que podemos atopar ao longo de cada unha das 11 parroquias que conforman este concello”.
“Por iso dende aquí queremos convidar a todos e todas a participar neste concurso, xa que é unha oportunidade para visitarnos e ao mesmo tempo para descubrir novos recunchos da Pontenova, e no que ademais tamén haberá premios. Cada un dos autores das 12 fotografías máis votadas recibirán, como agasallo, un vale regalo por valor de 50,00 euros para canxear en calquera dos establecementos da vila, así como unha pequena réplica dun forno de calcinación, un dos principais símbolos do noso concello”, explicou o rexedor.
Bases do concurso
Poden concursar todas aquelas persoas que o desexen, estean ou non empadroadas na Pontenova, sempre que sexan os autores das fotografías presentadas e as imaxes se axusten á temática. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías, que poderán ser en cor ou en branco e negro. As fotografías deben respectar as seguintes condicións: debido ao formato do calendario, as imaxes deberán estar en formato horizontal, e deberán enviarse nun dos seguintes arquivos dixitais (JPEG, PNG ou TIFF) cunha resolución mínima de 8MB cada imaxe. O prazo para presentar as fotografías ao concurso abrirase o 1 de setembro e rematará o 15 de outubro, ámbolos dous inclusive. Deberán ser remitidas ao seguinte correo electrónico: turismo@concellodapontenova.org especificando no asunto do correo: “Concurso Calendario 2022 A Pontenova”, e no texto do mail: os datos persoais do autor así como a sinalización dos datos da fotografía. As 24 fotografías seleccionadas expoñeranse públicamente a través da web oficial de turismo do concello para ser sometidas a votación popular. As 12 fotografías que reciban máis votos, serán as que finalmente aparecerán no calendario oficial de A Pontenova – ano 2022.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



