Bueu, 17 de agosto de 2021. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe a lonxa de Bueu e mantivo un encontro cos representantes da confraría de pescadores local na que analizou a evolución do sector nos últimos meses e especialmente a campaña do polbo, que está a ofrecer datos que apuntan á recuperación da especie. As capturas rexistradas no conxunto de Galicia nos primeiros 40 días de actividade trala veda multiplican por máis de sete as obtidas no mesmo período do ano pasado mentres que os ingresos multiplican por oito os de 2020. Este mellor balance na facturación débese a que o prezo medio, de 9,3 euros o quilo, é o segundo máis alto da serie histórica só superado polos 10,6 euros o quilo de 2018.
A titular de Mar salientou que ata a semana pasada as lonxas galegas recibiron máis de 230 toneladas deste cefalópodo, un 3% máis que a media histórica, e ingresaron máis de 2,1 millóns de euros pola súa venda, un 63% por enriba da media da serie, que se remonta á campaña 2004-2005.
Rosa Quintana incidiu en que estes datos veñen a confirmar os bos presaxios de finais da campaña pasada, cando a información obtida polos profesionais do sector e polos técnicos da Consellería do Mar apuntaban a unha mellora do estado da especie tanto polo volume de capturas como polo recrutamento de xuvenís. Trátase dunha mellora do recurso á que tamén contribuíu a fixación, de acordo co sector, dunha veda de dous meses para a captura da especie, a máis longa dos últimos exercicios.
No caso da lonxa de Bueu, nas primeiras semanas de campaña comercializou máis de 4.500 quilos de polbo e facturou arredor de 40.000 euros pola súa venda. No caso das capturas, son cifras que roldan a media histórica e triplican as do ano pasado, mentres que os ingresos superan nun 30% a media rexistrada nos exercicios anteriores e cuadriplican os obtidos nas primeiras semanas de pesqueira posteriores á veda de 2020.
A titular de Mar lembrou que a campaña do polbo 2020-2021 foi anómala e que a evolución do polbo adoita ser cíclica. Nela, ademais da actividade pesqueira, inflúen outros factores como os medioambientais e os climatolóxicos, que poden provocar descensos puntuais nas capturas. Neste sentido, incidiu en que os datos obtidos ata agora e a abundancia de xuvenís que hai no mar, constatada tanto polo sector como polos técnicos da Consellería, debería garantir o desenvolvemento sustentable da pesqueira nos vindeiros meses.
Este encontro coa confraría de Bueu enmárcase no contacto permanente da Xunta co sector para avaliar as súas necesidades e analizar a evolución da súa actividade. No caso do polbo, as partes realizan un seguimento constante da súa situación a través da comisión de seguimento do plan de xestión da especie, no que analizan o seu estado e adoptan as medidas máis oportunas para o desenvolvemento sustentable da actividade, como é o caso da ampliación da veda aprobada este ano.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



