Viveiro, 8 de agosto, 2021. Un incendio declarado ao mediodía de hoxe nun edificio da Rúa da Misericordia, no concello lucense de Viveiro, obrigou a intervir aos equipos de emerxencia sen que se rexistrasen danos persoais.
A central telefónica de atención ás emerxencias do 112 Galicia recibiu numerosas chamadas ao fío das 12:45 horas de hoxe para informar do suceso. As testemuñas do incidente contactaron co 112 para informar dun lume nun edificio habitado de sete plantas e solicitar medios de extinción que puidesen controlar a situación.
Decontado, desde o 112 pasouse aviso ao equipo de urxencias sanitarias, por se nalgún momento fose necesaria a atención a posibles feridos. Para atallar as lapas, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Viveiro. Ademais, os servizos de emerxencias contaron co respaldo e apoio dos axentes da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Viveiro e do Vicedo.
De acordo coa información facilitada ao 112 Galicia pola Policía Local, os habitantes do edificio afectado foron evacuados e non houbo persoas feridas. De feito, puideron volver aos seus domicilios en canto os Bombeiros de Viveiro sufocaron o incendio e garantiron as condicións necesarias de seguridade.
Unha vez rematada a intervención, o equipo do Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento confirmou ao 112 que ardeu un panel de protección lateral da edificación. Sospéitase que a orixe do lume puido ter lugar nunha grella dunha casa unifamiliar lindeira.
Igualmente, foron informados os membros do GES de Cervo por se fose necesaria a súa colaboración.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



