Para quen non estivera ó tanto, no reino de España hai unha princesa que se chama Leonor. A lei sálica impediríalle chegar ó trono, pero iso, aínda de non mediar outras circunstancias, como a lei semisálica vixente, estaría por ver, que unha dinastía moderna como a que nos ocupa pode modernizar as leis que se ocupan dela. Ó seu antollo? Ben, non exactamente, ou, segundo como se mire, si, sen ser exactamente.
Como íamos dicindo no título, si, hai uns días a prensa difundiu un paso máis na formación real Real. En dura pugna con milleiros de centros españois, venceu un forasteiro, de Gales. Debe ser un bo centro educativo, ise ó que vai ir Leonor. Pero, sobre todo, nas consideracións que se terían en conta para a elección, seguro que tiveron importancia criterios, chamémoslles ‘extraacadémicos’. Cousas como que o centro fora privado, caro, elitista: un lugar no que Leonor poda darlle co cóbado literal e figuradamente a outros futuros amos do mundo. E claro, iso non vai co público, destinado ós súbditos deses amos, por moito que as elites ás veces admitan e mesmo fomenten neses establecementos para poucos unha pequena cota de súbditos.
Menos vai aínda cun centro público, como pode ser o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, na periferia da periferia por bon que sexa, e menos aínda no tamén ribadense Porta da Auga, con formación profesional. Para que querería unha princesa tal cousa? Por certo, pode dicirse que eles están entre os que perderon a elección, aínda que non saia así plasmado nos pudorosos papeis de propaganda, que abondo teñen con emotivos titulares tipo ‘emotivo adeus no aeroporto’.
Tamén terán en consideración que o centro fose estranxeiro: Leonor ten que ser global, saberse mover por todo o mundo, non local e provinciana, que xa se sabe: os de provincias somos… de provincias!. Doutro xeito, podería mesmo collerlle cariño ó que este estado administra, e iso é un perigoso precedente para ter obxectividade na toma de decisións. O administrado é administrado, e non se debe confundir co que é unha propiedade: hai que corrixir erros de familia. Outra cousa é que o que é administrado se empregue para conseguir máis (cartos ou o que sexa). É algo que ten que quedar claro. Volvendo ó comezo do parágrafo, aquí aplícase de xeito importante o de ‘pensa globalmente, actúa localmente’, pero á inversa: pensa para ti, actúa ao grande!
Por certo, moi emotiva, si, e sinxela esa despedida fotografada e filmada no aeroporto, e difundida polos difusores de quenda cuns tamén sinxelos pais-reis e máis sinxela aínda filla-princesa, que hai que dar imaxe, como calquera dos milleiros de novos emigrantes. Que non é emigrante? E que?
A vida segue. Agora, a esperar que volva polo Nadal, que para non volver xa está o seu avó, ou o tataravó… encheríanse xa as prazas destinadas a iso na familia?






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



