Fai dúas semanas preguntabamos ao Concello de Ribadeo sobre temas da súa exclusiva responsabilidade, como licenza de apertura, acceso público e outros misterios da cafetería que saíu á superficie da Illa Pancha en pleno mes de agosto no máis absoluto silencio informativo e publicitario. Tivemos constancia do feito polas redes sociais, e, como sempre, unha vez montada toda a parafernalia e o negocio posto a andar. Con todo, nun correo dirixido ao Concello fai 9 meses xa preguntabamos ao alcalde que estaba pasando en Illa Pancha, por que dúas palas escavadoras de tamaño considerable estaban revolvendo un espazo protexido, pero ese correo, 9 meses despois, segue sen resposta.
Pois ben, mentres esperamos sentados resposta ao novo correo, no caso de que houbese un arranque inesperado de transparencia consistorial, dirixímonos a Puertos para preguntar pola parte que lle toca. Isto é, o estipulado na concesión. Ademais de certas cuestións comúns co correo dirixido ao Concello, insistimos sobre todo no seguinte punto :
« 4º Se as reformas realizadas e elementos añadidos na Illa Pancha (escaleiras, accesos, terrazas, varandas,…) están autorizados nas condicións da concesión, e se realizaron dentro da zona concesionada, dado que, a xulgar polas fotografías publicadas en medios sociais, algún dos elementos semella encontrarse fóra dos seus lindeiros. Concretamente, da a impresión de que un camiño está fóra do terreo concesionado, e mesmo, unha parte da estructura que soporta a terraza. »
En efecto, moitos elementos alleos, novos, que supoñen engadidos privados considerables nunha illa tan pequena, parecen a primeira ollada terse expandido fóra do terreo delimitado pola concesión, o cal, en caso de verificarse, e unido a esta nebulosa anti-informativa, non faría máis que insistir nunha imaxe de okupación tolerada por -xa van dúas- institucións.
Asociación « Por Nuestro Faro »

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



