Burela, 20 de setembro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS defenderá o trono da Copa de S.M. A Raíña estreando a cuarta edición da cita co asturiano Sporting Cider Rodiles FSF na primeira eliminatoria. As Guerreiras Laranxas visitarán Villaviciosa o mércores 8 de decembro para enfrontarse ao conxunto de Segunda División, dirixido agora por ex das mariñás Julio Delgado.
Os emparellamentos desta rolda inicial quedaron definidos a semana pasada pola RFEF, por proximidade xeográfica. Disputarana os equipos clasificados de Segunda División contra os equipos de Primeira a partido único, sendo local o club de menor categoría.
Sporting Cider Rodiles FSF-Pescados Rubén Burela FS
Cidade das Burgas GLS-Ourense CF Envialia
Viaxes Amarelle-Marín Futsal
Valdetires Ferrol FSF-Poio Pescamar FS
Intersala Promesas Zaragoza-Sala Zaragoza
CD La Concordia-AE Penya Esplugues
Feme Castellón FSF-Vistelche Joventut d’Elx
Xaloc Alacant Fútbol Sala-Universidad de Alicante
LBTL Futsal Alcantarilla-STV Roldán FSF
CD Básico Rivas Futsal-Melilla Sport Capital Torreblanca FS
Deportivo Córdoba Caja Sur FS-Atlético Torcal
Gran Canaria FSF Teldeportivo-CD Futsi Atlético Navalcarnero
Almagro FSF -Majadahonda AFAR 5 FSF
UDC Txantrea-CD Leganés
Dulces París La Algaida FS-Fútbol Sala Femenino Móstoles
Les Cors AE-Arriva AD Alcorcón FSF

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.

