Esta charla forma parte da campaña informativa “A nova tarifa eléctrica”, que está a desenvolver o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, co obxectivo de achegar á poboación galega información e asesoramento en relación aos cambios profundos que se produciron, dende o mes de xuño deste ano 2021, na nova tarifa e na factura eléctrica. Terá aforo limitado e durante a mesma seguiranse todos os protocolos COVID-19 pertinentes.
