Barreiros, 9 de setembro 2021. O Concello de Barreiros pasa a xestionar o comedor escolar do colexio público de San Cosme para dar continuidade a un servizo que ata o de agora viña prestando a ANPA deste centro e que neste curso non se puido facer cargo polo alto custo e dedicación e dispoñibilidade que iso conlevaba. A Xunta de Galicia que xestiona outros comedores escolares, declinou facerse cargo neste caso debido ao escaso número de alumnos dificultando a continuidade do alumnado cuxas familias precisan deste servizo para conciliar. Ante esta situación o Concello de Barreiros decidiu asumir a xestión. “Para o concello, este servizo é moi necesario e esencial e aínda que non é competencia municipal asumímolo por responsabilidade e aproveitaremos para poñer en marcha programas de alimentación saudable” anunciou Montserrat Porteiro, concelleira de Educación.
Conciliación familiar e alimentación saudable
Coa asunción deste novo servizo o Concello de Barreiros facilitará tamén a conciliación familiar. Así o manifestou Montserrat Porteiro que hoxe visitou o comedor do colexio e afirmou tamén que desde o concello de Barreiros “pretendemos que as nenas e os nenos adquiran hábitos nutricionais saudábeis ao mesmo tempo que promocionamos o consumo de produtos frescos e de proximidade”. Explicou así mesmo que os menús están elaborados por unha nutricionista de acordo cos criterios da Xunta en materia alimentaria tendo en conta tamén as táboas de alérxenos.
O custo do servizo de comedor obedece a criterios obxectivos e progresivos en función da renda familiar seguindo os baremos dos comedores escolares públicos.
Con esta iniciativa o Concello de Barreiros pretende seguir garantindo un servizo tan importante e esencial como é o comedor escolar e mellorándoo e contribuíndo á educación para a saúde en materia nutricional.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



