Cervo, 04 de setembro de 2021. O Concello de Cervo acolle durante esta semana a pretemporada do Club Natación Portamiñá de Lugo.
O club de natación lucense, que conta con máis de 60 nadadores e nadadoras, escolleu o Concello de Cervo polas facilidades que desde a administración se lle deron para o acceso ás súas instalacións, nas que se destaca a piscina de Lieiro, a única de dimensións olímpicas de toda a provincia de Lugo.
Ao longo de esta semana están a gozar das actividades e instalacións da zona co obxectivo de ter unha boa posta a punto para o inicio da súa tempada de competicións.
Para o alcalde Alfonso Villares “é un luxo poder contar con este tipo de instalacións, posto que non é sinxelo que un concello coma o noso se atope nas condicións para albergar unha piscina olímpica. Por este motivo, desde o Concello de Cervo apostamos por dinamizar este complexo a través de diferentes iniciativas”. O rexedor engade tamén que “a piscina municipal xestiónase de forma directa, algo que segue as liñas do noso goberno, xa que tentamos que o maior número de servizos posibles sexan de xestión pública”.
Para o concelleiro de deportes, David Rodríguez, que “é un orgullo que clubs da talla do Club Natación Portamiñá se interesen polas nosas instalacións” e engade que “para nós é unha prioridade darlle vida á nosa piscina e fomentar o uso da nosas instalacións a través da organización de diferentes competicións, os nosos cursos de natación, bautismos de mergullo…” Agrega tamén que “é importante subliñar os esforzos que se fan desde o concello para que iniciativas como esta saian adiante, e máis tendo en conta a situación actual de pandemia coa que convivimos”.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
